AFECCIONADOS. CEBARCA, 0 - NUMANCIA, 1

EXCELENTE DEBUT DE CARLOS E EDU.
Partido correspondente á vixésimo quinta xornada de liga disputado no campo do Cebarca. Faltando tres minutos para o final, Edu conseguiu o gol da vitoria.
Ares., 28 de febreiro de 2010

ALINEACIÓNS:
CEBARCA: Tino (Pita, m. 66); Dani (Cris, m.50), Oli, Juan, Marcos, Diego, Víctor, Suso, Carlos (Beni, m. 70), Esteban (Fabio, m. 78) e Isma.
NUMANCIA: Carlos; Jauma (Bule, m. 85), Pedro (Edu, m.64), Vicente, Antón; Borja, Jose (Javi, m. 59), Teti, Julio (Dani, m.82); Oli (Costa, m. 80) e Manu.

ÁRBITRO: David Saavedra. Amoestou a Oli (do Cebarca) e a Jauma e Julio (Numancia). Expulsou con cartón vermello directo a Costa (Numancia).

GOLES:
0 – 1 (m. 87): Edu.

MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
3: Mal control de Borja que colle Víctor pero tira moi desviado.
5: Falta favorable ao Cebarca. Saca Dani e remata Carlos de cabeza, desviado a un lado.
6: Pase de Borja a Manu que toca nun defensa local e sae a córner.
11: Control de Esteban entrando na área e centro ao que non chega Carlos. Vicente despexa a córner.
14: Teti co balón dentro da área tira e para o porteiro aínda que non chapa o balón. Vicente intenta o remate pero cae ao chan.
22: Falta sacada por Borja e Manu, só, remata de cabeza pegado ao pau. PRIMEIRA GRAN OCASIÓN DE GOL PARA O NUMANCIA.
26: Balón que recolle Jose pola banda dereita, dispara e parada de Tino.
32: Falta lanzada por Borja, o porteiro non atrapa o balón; chega a Oli que toca e pega nun defensa, saíndo a córner.
34: Córner sacado por Jose ao segundo pau e remate de Oli, de cabeza, que se estrela no traveseiro.  OUTRA GRAN OCASIÓN.
41: Córner sacado por Diego e remate de Carlos; Para o porteiro debutante do Numancia  en dous tempos.
44: Centro de Jose ao segundo pau e remate de Julio, de cabeza, por riba da portería.

SEGUNDA PARTE:
1: Balón que lle chega a Suso quen dispara desde fóra da área, saíndo o balón pegado ao poste.
7: Falta directa favorable ao Cebarca. Parada de Carlos, en dous tempos.
12: Pase de Manu a Jose por banda; entra na área e tira cruzado. Nesta xogada prodúcese a lesión do veterán Jose, que ten que retirarse.
18: Outra falta que saca o Cebarca e balón que sae fóra pegado ao pau.
19: ENTRA EDU NO CAMPO. Neste minuto dezanove prodúcese o debut do cadete Edu.
26: Centro de Borja que toca Vicente e para o porteiro do Cebarca.
32: Centro de Manu ao segundo pau e remate de Julio, coa esquerda, que sae alto.
42: GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DE EDU! GOOOOOOOOL DO NUMANCIA!. Pase de Dani para Teti que profundiza para Edu; o debutante Edu bate cun disparo raso a Pita.
47: Expulsión de Costa. Queda o Numancia cun xogador menos nestes minutos de desconto.
49: Case chega o gol do Cebarca. Xogada de Diego que supera a Carlos na súa saída; Antón consegue enviar a córner. No saque de esquina, Carlos rexeita en curto e Beni remata á portería pero Manu despexa na liña, cando xa se cantaba o gol do empate.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.