AFECCIONADOS. PERLÍO, 3 - NUMANCIA, 2

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2009-2010. Perlío 3 - Numancia 2. San Juan (Ferrol)O Perlío sufreu ata os minutos finais coa incentridumbre do resultado para facerse cos tres puntos.
Os de Ares non souberon administrar a vantaxe, e nos minutos finais, caeron derrotados diante do líder. 

San Juan, 14 de febreiro de 2010
Partido correspondente á vixésimo terceira xornada de liga disputado en San Juan, nunha tarde fría e de vento, que condicionou un pouco o movemento do balón.

ALINEACIÓNS:
PERLÍO: Checho, Aitor (Gon min. 83), Iván (Pele min. 78), Álvaro, Enrique, Bonilla (Roberto min. 81), Fornos, Camilo (Pita min. 62), Pena, Ramón e Maroño.
NUMANCIA: Kiko, Teti, Pedro, Alex, Antón, Borja (Javi min. 67), Jose (Jauma min. 57), Oli, Pedrito, Manu e Julio (Bule min. 78).

ARBITRO: Aaron Casal Rodríguez. Amosoulle cartón amarelo a Aitor e Fornos do Perlío; e Borja, Pedrito, Pedro (dúas amarelas) e Javi (vermella) do Numancia.

GOLES:
1 - 0 (m. 6): Pena.
1 - 1 (m.14): Borja.
1 - 2 (m.53): Pedrito.
2 - 2 (m. 82): Enrique.
3 - 2 (m. 88): Fornos.

MINUTO A MINUTO
PRIMEIRA PARTE:
1: falta que saca Borja desde case o medio do campo e remate de cabeza de Oli por riba do traveseiro.
6: GOOOOOOOOOOOOOL DO PERLIO! Adiántase o Perlío non marcador. Falta sacada desde o lateral da área remate de cabeza de Pena e GOL (1 – 0)
14: GOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA! Libre directo cerca do pico da área que executa Borja e GOL (1 – 1)
16: disparo de Borja desde os tres cuartos por sae por riba do traveseiro.
28: falta sacada desde medio campo polo Perlío que a defensa do Numancia envía a corner. Sácase o corner eo disparo de Pena sae por riba do traveseiro.
30: falta sacada por Borja, Oli peitea lixeiramente e detén Checho.
36: gol anulado a Oli por fóra de xogo.
44: corner do Perlío que Fornos estrela non traveseiro.

SEGUNDA PARTE:
53: GOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA! Saque de falta de Borja desde o lateral da área, o rexeite da defensa volve a él, tira ao primeiro pau, prolonga Pedrito ao segundo, toca a madeira e GOL (1 – 2)
59: corner a favor do Perlío con numerosos rexeites e remates de cabeza na área, o ultimo disparo estrélase no lateral da portería aresá.
61: control de Pena no bordo da área, o seu disparo á media volta vaise fóra.
66: falta colgada ao área do Numancia, remate da dianteira do Perlío e gran parada de Kiko.
82: GOOOOOOOOOOOOOL DO PERLIO! Enrique establece a igualada. Falta sacada ao bordo do área, Enrique remata de cabeza e GOL (2 – 2)
88: GOOOOOOOOOOOOOL DO PERLIO! Balón que recolle Fornos no lateral da área, intérnase e de tiro cruzado bate a Kiko, GOL (3 – 2)

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.