AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - CARIÑO, 1

SDR NUMANCIA. AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - CARIÑO, 1 XANEIRO 2010TRIUNFO MOI IMPORTANTE NO INICIO DA SEGUNDA VOLTA
Partido correspondente á décimo oitava xornada de liga, primeira da segunda volta, que rematou nun triunfo importante para non caer na parte baixa da táboa.

Prados Vellos, 10 de xaneiro de 2010

 

ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Sergio; Bule (Oli, m. 46), Pedro, Antón, Vicente (Rubén, m. 83), Teti, Jose, García, Manu, Javi (Carlos, m. 76) e Jesús (Borja, m.63).
CARIÑO: Raúl, Miro, Hugo, Santi, Fran, Ángel, Pablo (Adán, m. 46), Nilis, Nes, Adrián e Rayo (Manuel, m. 46).
ÁRBITRO: Santiago Graña. Recibiron cartón amarelo Antón do Numancia e Pablo, Nilis e Manuel polo Cariño.

GOLES:
1 – 0 (m. 15): Fran pp
2 – 0 (m. 75): Jose
3 – 0 (m. 82): Manu.
3 – 1 (m.84): Nes.

MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
2: Centro desde a esquina de Jose e remate de cabeza de Vicente que marcha alto.
8: Falta lateral que lanza Miro e non chega Adrián para rematar ben.
10: Falta lanzada por Hugo que atalla Sergio.
13: Parede entre Jesús e Javi finalizada cun disparo desviado de Jesús.
15: GOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA! Forte disparo de García desde fóra da área que rexeita Raúl, coa fortuna (para o Numancia) de que o posterior despexe dun defensa pega nun compañeiro e sae rebotado cara a portería do Cariño. NUMANCIA, 1 – CARIÑO, 0
17: Xogada dos locais con varios disparos e rexeites da defensa que increiblemente non remata en gol.
19: Falta sacada por Javi e remate de García que acaba nas redes. Gol anulado por suposto fóra de xogo.
20: Contraataque do Cariño con pase de Nes para Adrián que falla un man a man con Sergio.
23: Córner sacado por Jose que remata Manu, rexeitando o porteiro cariñés. O balón chega a Javi que tira desde cerca e, cando o balón entraba, un defensa visitante párao coa man. Sorprendentemente, o colexiado non pitou nada.
27: Falta sacada por Vicente en medio campo e García remata alto.
31: Falta sacada por Jose que envía a córner un defensa.
33: Xogada por banda entre Manu e Javi que finaliza cun remate con rosca pero frouxo deste último.
44: Pase longo de Miro a Nes ao que se anticipa Sergio.

SEGUNDA PARTE:
2: Faltada sacada por Nes e remate de Adrián que para Sergio.
4: Pase de Javi en profundidade para Oli que falla un man a man con Raúl.
8: Lanzamento lonxano de Nes que chapa Sergio.
11: Centro de Jesús, rexeite de Santi e tiro forzado de Jose que sae moi desviado.
14: Disparo de Nilis desde medio campo  que sae pegado ao poste dereito de Sergio.
17: Centro de Pedro para Manu que, só diante do porteiro, dispara moi cruzado.
21: Pase de Jose a Manu, en banda, centro para Borja que dispara desviado.
25: Centro de córner e remate de Fran, parando Sergio.
27: Centro de Borja e remate de Manu que para un defensa coa man. O rexeite vai para Oli quen, con toda a portería, dispara  pegando o balón nun defensa e saíndo a córner.
30: GOOOOOOOOOL DE JOSE! NUMANCIA, 2 – CARIÑO, 0. Parece que sentencian os locais con este segundo gol conseguido por Jose nun bo lanzamento desde fóra da área que sorprende por alto a Raúl.
32: Centro dos visitantes que toca Sergio o suficiente para que rexeite a defensa local.
34: Pase a Carlos (era o primeiro balón que tocaba) que chega a desviar o balón ante a saída do porteiro pero acaba despexando un defensa.
37: GOOOOOOOOOOL DE MANU! NUMANCIA, 3 – CARIÑO, 0. Agora si que se pecha o partido. Pase de Jose atrás para Manu que non perdoa.
38: Tiro de Nes que dá en Pedro e sae a córner.
39: GOOOOOOOOOL DO CARIÑO! NUMANCIA, 3 – CARIÑO, 1. Os visitantes conseguen o gol da honra. Córner que chega a Nes dentro da área, libre de marcaxe, e disparo raso.

XOGADOR DESTACADO: Por unanimidade, a afección numantina decantouse polo traballo,  seguridade e contundencia do xuvenil Antón, un rapaz que está aportando máis consistencia á zaga aresá. Sempre atento e metido no partido, resolve situacións complicadas con accións propias dun veterano. A súa incorporación ao equipo está resultando un gran acerto.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.