AFECCIONADOS. NUMANCIA - CARIÑO
LISTA DE CONVOCADOS PARA ESTE DOMINGO
Ao remate do adestramento deste venres, Juan Alberto facilitou a relación de xogadores citados para o partido deste domingo, primeiro da segunda volta, contra o Cariño.
Ares, 8 de xaneiro de 2010
Despois de varios partidos de ausencia, debido a unha lesión, reaparece nas convocatorias Borja Carballo. No lado negativo hai que lamentar a ausencia, por molestias no talón, do dianteiro Pedrito. A convocatoria completa é a seguinte:
Sergio, Kiko, Bule, Vicente, Antón, García, Pedro, Teti, Oli, Borja, Javi, Jesús, Manu, Jose, Rubén e Carlos.