AFECCIONADOS. NUMANCIA, 0 - NARÓN B, 3

SDR NUMANCIA. AFECCIONADOS. NUMANCIA, 0 - NARÓN B, 3. XANEIRO 2010COMEZA O 2010 CON DERROTA
Partido correspondente á décimo sétima xornada de liga, última da primeira volta e derrota contundente fronte a un equipo xoven e con fútbol.

Prados Vellos, 5 de xaneiro de 2010

 

ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Sergio; Bule, Pedro (m. 76, Jesús), Jauma, Vicente (m. 46, Oli); García, Jose (m.81, Fernando), Teti, Julio; Manu e Pedrito.
NARÓN B: Dani, Suco (m. 84, Díaz), Iván, Colo, Sergio, Moya, Koki (m.64, Fran), Bruno, Óscar, Bruno Pete e Reboredo (m. 78, Michel).
ÁRBITRO: Adrián García, pertencente ao colexio coruñés. Recibiron cartón amarelo Pedro e Jose do Numancia e Suco, Colo, Moya, Michel e o adestrador do Narón B .

GOLES:
0 – 1 (m.29): Sergio
0 – 2 (m. 74): Fran
0 – 3 (m. 92): Bruno

MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
2: Entrada por banda esquerda do Narón, adentránse na área e o pase atrás non o controla Suco, facilitando o despexe á defensa local.
5: Pase de García a Julio en profundidade, controla, regatea e dispara por riba do traveseiro.
8: Falta sacada polo Narón e remate de cabeza que se vai alto.
12: Saque de esquina de Pedrito, pase a Jose que centra e remata García pegado ao poste.
16: Centro de Pedro para Pedrito que intenta controlar co peito, o balón chega a Julio que tira e pega nun defensa.
22: Entrada por banda de Óscar que se interna na área e o pase atrás chega a Bruno que tira e para Sergio.
29: GOOOOOOOOOOOL DO NARÓN. Falta en banda cerca da área. Centro e prolongación de cabeza ao segundo poste, desde onde Óscar dá o pase da morte a Sergio que remata ao fondo das redes. Numancia, 0 – Narón B, 1
37: Saca unha falta García, despexa a defensa e Julio dispara por riba do traveseiro.
38: Falta de entendemento entre Jauma e Sergio que Bruno non chega a materializar, despexando Vicente.
42: Pase de Teti a Jose; este último centra  e remata Pedrito co pé , parando o porteiro.
43: Pase de Jose a Pedrito que tira moi frouxo ás mans de Dani.
44: Córner a favor do Narón, despexa a defensa e o rexeite cólleo Óscar a quen lle sae un tiro bombeado que para Sergio preto do traveseiro.

SEGUNDA PARTE:
1: Xogada de Pedrito e pase a Jose que realiza unha parede co propio Pedrito á que non chega por pouco.
11: Pase de Oli a Julio que coloca o balón e tira frouxo para que pare Dani.
18: Falta que toca García en curto para Jose, quen tira por riba do traveseiro.
29: GOOOOOOOOOOOOL DO NARÓN B. NUMANCIA, 0 – NARÓN B, 2. Falta sacada desde a banda, preto da área, en curto para Fran que tira e rebote na defensa que desvía o balón por alto para a meta de Sergio, que aínda que chega a tocar o balón, non pode impedir o segundo gol.
32: Chega o balón a Manu dentro da área, dispara co exterior do pé e sae alto.
45: Falta sacada por Bule en medio campo que sae rozando o poste sen que ninguén chegue a tocar o balón.
47: GOOOOOOOOOOOOOOL DO NARÓN B. NUMANCIA, 0 – NARÓN B, 3. Falta directa que saca Bruno e o balón entra por toda a escuadra.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.