FICHAXE DE INVERNO
MANEL VOLVE AO NUMANCIA.
Ares. 28/12/2009.
Coa marcha de Germán Amil do Somozas produciranse descartes no equipo de terceira división e, precisamente, un deles é Manel. O adestrador do Numancia, Juan Alberto, negociou onte a súa incorporación ao equipo aresán e acordaron a súa fichaxe polo que resta desta temporada e outra máis. Certamente, nesta decisión de Manel influiu moito a presenza nas filas numantinas do veterano Pedrito, compañeiro seu en etapas anteriores. A incorporación de Manel ao plantel producirase esta mesma semana. Sabemos que ten a intención de participar no adestramento deste mércores 30 de decembro.
Sen dúbida, Manel vai constituír un excelente reforzo para a segunda volta desta temporada e aportará a experiencia e fortaleza necesarias para resolver os problemas defensivos do Numancia.