AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - BARALLOBRE, 2

SDR NUMANCIA. AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - BARALLOBRE, 2. DECEMBRO 2009PERDÉRONSE DOUS PUNTOS
Partido correspondente á décimo quinta xornada de liga. No descanso deste partido os seis socios de ouro do Numancia recibiron unha pequena homenaxe en recoñecemento á súa fidelidade ao club.

Prados Vellos, 13 de decembro de 2009
ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Sergio; Bule, Pedro, Jauma, Antón; García, Jose (m.59, Javi), Teti, Julio; Manu e Pedrito.
BARALLOBRE: Víctor; Pincho, Iván, Zalo, Sumer, Noel (m. 83, Turu), Garecho, Alberto (m. 33, J. Enrique), Telmo, Pablo e Sergio.
ÁRBITRO: Aarón Casal. Amoestou a Sergio do Numancia e a Sumer e J. Enrique do Barallobre.

 

GOLES:
0 – 1 (m. 7): Garecho.
1 – 1 (m. 36): Pedro.
2 – 1 (m. 76): Manu.
2 – 2 (m.85): Telmo

MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE:
6: Pase a Noel ás costas da defensa, entrada por banda e centro ao que non chega Telmo.
7: Pase de Pincho a Garecho; erra Bule no corte e Garecho, de volea, bate a Sergio. ADIÁNTASE O BARALLOBRE. GOOOOL DO BARALLOBRE
9: Pase de Antón a Manu que non pode controlar dentro da área.
13: Balón pelexado entre Jauma e Garecho que sae rexeitado para Telmo. O seu disparo sae fóra por moi pouco.
14: Tiro de García que desvía un defensa e sae a córner.
17: Córner sacado por Pedrito ao segundo pao. Remata Pedro fóra.
21: Saque de banda de Bule a Manu quen lanza un centro-chut que pega no lateral da rede.
35: Falta directa ao borde da área lanzada por Pedrito. Para Víctor despexando a córner.
36: Córner sacado por Pedrito. O balón pasa por diante da portería e chega a Pedro quen só ten que empuxala. GOOOOL DO NUMANCIA. EMPATAN OS LOCAIS.
41: Centro de Garecho sobre Telmo quen remata por riba do traveseiro.

SEGUNDA PARTE:
12: Pase de Teti a Pedrito por riba da defensa. Dispara frouxo e Víctor rexeita a córner.
15: Entrada de García por banda e centro que despexa a defensa en curto. Colle o balón Javi e dispara desviado por moi pouco.
19: Falta que saca Pedrito e remate de Manu por riba do traveseiro.
26: Pase a Julio, entrada por banda ata a área e centro que non encontra rematador.
28: Falta sacada por J. Enrique que se estrela no traveserio.
30: Pase a Julio que realiza xogada e dispara a portería. Víctor desvía a córner.
31: Córner lanzado por Pedrito e Manu, de cabeza, envía ao fondo das redes. GOOOOOOOOL DO NUMANCIA. REMONTAN OS ARESÁNS.
33: Centro de Pedro e Julio remata. Despexa a defensa do Barallobre.
37: Saca Pedrito outro córner, esta vez en curto para Julio que lle devolve o balón. O disparo de Pedrito sae fóra.
40: Falta lanzada por J. Enrique que non despexa a defensa local. Sergio saca unha man e o seu rechace propicia o remate de cabeza de Telmo. EMPATA O BARALLOBRE. GOOOOOOOOL DO  BARALLOBRE.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.