AFECCIONADOS. PREVIA NUMANCIA - A CAPELA

SDR NUMANCIA. PREVIA NUMANCIA - A CAPELA. DECEMBRO 2009JOSE: "A ESTE EQUIPO FÁLTALLE ACTITUDE"

Jose (Buluba) con trece temporadas seguidas no primeiro equipo é un dos veteranos do Numancia. Xogador temperamental, ao que nunca lle gusta perder, foi un dos artífices da vitoria do pasado domingo contra o Cedeira. - Jose, empezaches a temporada lesionado. Costouche entrar no equipo?
- Si, tiven unha rotura no xemelgo e cando me recuperei, Juan xa tiña o equipo formado, así que para entrar tiven que gañar o posto.
- Como te encontras agora?
- Ben, recuperado totalmente e fisicamente a tope.
- Lateral, extremo, interior, onde te encontras máis cómodo?
- De extremo, sempre xoguei aí e gústame máis atacar que defender.
- Goleador?
- Tiven temporadas de doce goles; o ano pasado metín oito e esta temporada tamén espero meter algún.
- Cantas temporadas che quedan?
- Non o sei. Depende de moitos factores, por exemplo, de que haxa un equipo que de principio teña aspiracións a pelexar polo título. De momento espero seguir.
- O partido contra o Cedeira, o equipo estaba moi motivado. Houbo “conxura” no vestiario?
- Si, falouse de que tiñamos que cambiar de actitude, poñer máis gañas. Ademais sabiamos que o Cedeira era un equipo moi complicado e que se non cambiabamos de actitude non sacariamos adiante o partido.
- Ten equipo o Numancia para estar arriba?
- Bastante equipo, para min este Numancia tiña que aspirar a gañar  a liga.
- Que lle falta entón ao equipo?
- Actitude, a este equipo fáltalle actitude. Comezamos moi ben pero a raíz do partido co Meirás viñémonos abaixo, non sei se por ansiedade ou porqué.
- Mañá ven o Capela, que vaticinas?
- Debemos xogar coa mesma actitude cá do Cedeira
- Que sabes do rival?
- Sabemos que ten un dianteiro, Álex, que o ano pasado nos meteu catro goles e que é bastante perigoso.
- E o Numancia, como afronta este partido?
- Con gañas despois do último partido. Temos moitas gañas de sacar esta situación para adiante.
- Como ves esta 2ª autonómica?
- Moi igualada. Menos os dous primeiros que están destacados, o resto estamos moi igualados.
- Que xogadores destacarías nesta categoría?
- O que máis me gusta é Álex do Cedeira, un xogador técnico e moi completo. Tamén está Sebas, do Valdoviño.

A convocatoria completa para este partido Numancia – A Capela é a seguinte:
Sergio, Kiko, Fernando, Bule, Jauma, Pedro, Antón, Vicente, Javi, García, Teti, Carlitos, Jose, Julio, Manu e Pedrito.
Seguen de baixa por lesión: Oli e Borja.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.