AFECCIONADOS. NUMANCIA, 5 - CEDEIRA, 2

SDR NUMANCIA. AFECCIONADOS. NUMANCIA, 5 - CEDEIRA, 2. NOVEMBRO 2009BALÓN DE OSÍXENO
Partido correspondente á trixésima xornada de liga disputado en Prados Vellos nunha tarde invernal e no que o Numancia conseguiu tres puntos importantísimos.


Prados Vellos, 29 de novembro de 2009
ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Sergio; Bule, Fernando, Vicente (Antón, m. 57), Jauma; García, Julio (Pedrito, m. 57), Teti, Jose (Costa, m. 84); Javi e Manu.
CEDEIRA: Cristóbal, Pipo, Juan, Bote, Arturo, Adrián (Álex, m. 46), David, Pana (Bernar, m. 84), Samuel García, Alfredo (Samuel, m. 78), e Nes (Álex Martínez, m. 58).
ÁRBITRO: Alberto Cinza, asistido nas bandas por Alejandro Miño e Daniel Barrera. Amoestou a Vicente polo Numancia e a Iván, Arturo, David, Alfredo e José Picos (adestrador) por parte do Cedeira.

 

GOLES:
1 - 0 (m.24): Saque de esquina de Jose que remata García de cabeza no segundo poste. Rexeita Cristóbal e García, tamén de cabeza, e por riba do porteiro, consegue o primeiro gol.
1 – 1  (m. 47): Falta indirecta ao borde da área, tocada en curto para Álex Martínez que supera á barreira e a Sergio. Un gral gol.
1 – 2  (m.49): Pase longo a Nes que gaña as costas da defensa aresá e eleva o balón superando a Sergio.
2 – 2  (m. 53): Penalti a Manu. Lanza o propio Manu axustado ao poste e materializa o empate a dous goles.
3 - 2 (m. 58): Saque de falta de Jose. O balón chega a Javi que controla dentro da área e dispara un tiro cruzado.
4 – 2 (m. 73): Disparo de Jose que rexeita Cristóbal. Pedrito, moi atento, anticípase á defensa e fusila o gol.
5 – 2 (m. 82): Pase de Manu a Javi quen tira superando a Cristóbal.

MINUTO A MINUTO:
15: Saque de banda de Jauma, peina Manu e Julio tira por riba do traveseiro, moi desviado.
23: Cartón amarelo para Vicente por empuxón nun salto de cabeza.
24: GOOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA.
32: Centro chut de Jose que rexeita Cristóbal a córner.
39: Centro desde a banda que remata Alfredo de cabeza, fóra.
40: Tiro de Javi, axustado ao poste, que despexa Cristóbal a córner.
45: Disparo de Teti que consegue desviar Cristóbal a córner, con dificultade.

Primeiros corenta e cinco minutos moi disputados por ambos equipos, poñendo todos os xogadores moitas gañas por levar cada balón. Quizás o Numancia, por ocasións, debería ir aos vestiarios con algún gol máis de vantaxe.

2ª PARTE
46: Xogada por banda entre Javi e Teti con pase final a Manu ao que se lle escapa o balón cando ía rematar.
47: GOOOOOOOOOOOOOL DO CEDEIRA. EMPATE.
49: GOOOOOOOOOOOOOL DO CEDEIRA. ADIÁNTASE NO MARCADOR.
50: Centro de esquina que remata Vicente de cabeza. O balón sae por riba do traveseiro.
53: GOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA. Manu de penalti empata o partido.
56: Erro da defensa numantina que case facilita o gol do Cedeira.
59: GOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA. Outra vez por diante no marcador.
62: Gol anulado a Manu por suposto fóra de xogo.
73: GOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA. Cuarto gol que asegura a tranquilidade para os locais.
75: Excelente xogada de García que pasa a Manu e este a Jose. Disparo final de Jose e parada de Cristóbal.
82: GOOOOOOOOOOOOOL DO NUMANCIA. Quinto tanto dos aresáns.
87: Outra xogada de García por banda con pase a Manu que dispara por riba do traveseiro.

Segunda parte con seis goles e remontadas, primeiro do Cedeira e despois do Numancia. Gran espectáculo con accións moi brillantes nunha fría e chuviosa tarde en Prados Vellos e uns últimos minutos xogados con pouca luz. Parecía que co 1 – 2 o Cedeira repetiría o desenlace dos últimos partidos, levándose outros tres puntos de Ares pero o rápido empate  do Numancia volveu a meter no partido aos xogadores locais, moi motivados neste encontro que debe supoñer o inicio dunha nova etapa onde ten que verse o compromiso e respecto de todos, tanto pola entidade como polos seus compañeiros e a afección.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.