AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - ORTIGUEIRA, 1
REPARTO DE PUNTOS.
Partido correspondente á novena xornada de liga. Os dous equipos ofreceron un bonito espectáculo creando ocasións e bo xogo. O empate final frea ao Numancia no seu intento de acercarse ás primeiras posicións.
Prados Vellos, 1 de novembro de 2009
ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Sergio; Teti, Jauma, Bule, Vicente; García, Javi, Borja, Ortega (Jose, m. 79); Manu e Pedrito.
ORTIGUEIRA: Ángel; Ares (Polo, m.46), Pablo, Berto (Simón, m. 46), Moreno; Víctor, Camilo, Javi, Chispi, Breijo e Armada.
ÁRBITRO: Miguel Formoso Díaz.
GOLES:
1 – 0 (m.12): Ao saque dun córner e tras un mal rexeite do porteiro, Manu marca o gol.
1 – 1 (m.53): Chispi de vaselina por riba de Sergio, desde o borde da área.
MINUTO A MINUTO:
1ª PARTE
2: Ocasión de Pedrito. Balón de Borja para Pedrito que para Ángel.
4: Internada de Chispi pola banda entrando ata a área. Despexa a defensa.
7: Tiro de Chispi por riba do traveseiro.
11: Tiro de Camilo que sae desviado.
12: GOL DO NUMANCIA.
17: Córner a favor do Numancia. Remate de Javi que dá en Pedrito e desvía a defensa a córner.
30: Ocasión para o Ortigueira. Saca a defensa numantina.
31: Xogada de Ortega que é empuxado dentro da área. O árbitro amoesta a Ortega.
33: Disparo de Pedrito desde fóra da área que envía a córner Ángel.
35: Tiro de Borja que dá no traveseiro.
2ª PARTE. Comezo moi movido con chegadas continuas nas dúas áreas.
9: GOL DO ORTIGUEIRA.
12: Xogada de Pedrito entrando por banda e pase atrás para Manu.
15: Internada de Javi (Ortigueira) que cede atrás e non chega ningún compañeiro ao remate.
21: Centro de Javi que deixa Manu de cabeza. Non chega ninguén.
24: Disparo de Javi (Ortigueira) que sae cerca do poste.
26: Boa xogada de Polo que regatea a varios defensas dentro da área e dispara. Sergio, nunha gran intervención, rexeita co pé.
32: Lanzamento de Javi que sae fóra.
39: Ocasión para Polo que tira fóra.
43: Falta lanzada por Javi que saca Ángel cando o balón entraba pola escuadra.