AFECCIONADOS. PREVIA NUMANCIA - CEBARCA

SDR NUMANCIA. PREVIA NUMANCIA - CEBARCA. OUTUBRO 2009JUAN ALBERTO: "ESTAMOS ORGULLOSOS DE TER A AFECCIÓN MÁIS FIEL E NUMEROSA DA 2ª AUTONÓMICA".

Non está respondendo ás expectativas creadas a principio de temporada e afloran as críticas ao xogo e aos resultados do equipo. Quixemos indagar con Juan Alberto, adestrador aresán, algunhas das causas que puidesen explicar a situación actual, nas vésperas do partido contra o Cebarca.

 

-          Juan, despois destas dúas últimas derrotas consecutivas, como está o equipo?
-          Andamos con algunha dúbida, non temos as ideas moi claras
-          Dise que hai problemas no vestiario. Que opinas?
-          Penso que non. A dinámica segue sendo a mesma desde que comezou esta temporada.
-          Estás satisfeito co comportamento da plantilla, en canto a asistencia a adestramentos e compromiso?
-          O nivel de compromiso é moi diferente, dependendo dos minutos que xoguen. Somos moitos para repartir a participación. Isto pode mellorarse dándolle a cada xogador unha función no equipo, xogue máis ou menos. Que todos se sintan útiles.
-          Modificarás algunha posición de xogadores para o domingo?
-          Como xa vén sucedendo nos partidos anteriores, unha vez máis non imos repetir a mesma alineación. É un partido diferente, xogamos na casa e entendo que debemos levar máis a iniciativa.
-          Chega un Cebarca que aínda non coñece a vitoria. Partido fácil?
-          Para nada, temos que ser capaces de asentarnos no campo e cumprir co que falamos no vestiario. En caso contrario, caeremos nos erros pasados e pódesenos complicar o partido. Ademais pode resultar enganosa a clasificación do Cebarca xa  que xogaron varios partidos con equipos da zona alta da clasificación.
-          Que información tes do Cebarca?
-          Realmente, teño pouca información do equipo. Polos resultados que levan destacaría a súa competividade xa que ou empataron ou perderon pola mínima.
-          Para finalizar, pedímoslle que ofreza unha mensaxe para os afeccionados do Numancia.
-          Pois diríalles que sigan confiando no equipo e que constitúe para nós un orgullo que teñamos a afección de 2ª autonómica máis fiel e numerosa.
Para a convocatoria deste domingo, Juan Alberto non puido contar por estar lesionados con Oli, Costa e Jose. A relación dos dezaseis xogadores citados é a seguinte:
Porteiros: Iván e Kiko.
Defensas:  Fernando, Vicente, García, Jauma e Bule.
Medios: Javi, , Borja, , Julio, Teti.
 Dianteiros: Manu, Pedrito, Carlos, Ortega e Rubén Allegue.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.