JUAN ALBERTO: "ESTAMOS ORGULLOSOS DE TER A AFECCIÓN MÁIS FIEL E NUMEROSA DA 2ª AUTONÓMICA".
Non está respondendo ás expectativas creadas a principio de temporada e afloran as críticas ao xogo e aos resultados do equipo. Quixemos indagar con Juan Alberto, adestrador aresán, algunhas das causas que puidesen explicar a situación actual, nas vésperas do partido contra o Cebarca.
- Juan, despois destas dúas últimas derrotas consecutivas, como está o equipo?
- Andamos con algunha dúbida, non temos as ideas moi claras
- Dise que hai problemas no vestiario. Que opinas?
- Penso que non. A dinámica segue sendo a mesma desde que comezou esta temporada.
- Estás satisfeito co comportamento da plantilla, en canto a asistencia a adestramentos e compromiso?
- O nivel de compromiso é moi diferente, dependendo dos minutos que xoguen. Somos moitos para repartir a participación. Isto pode mellorarse dándolle a cada xogador unha función no equipo, xogue máis ou menos. Que todos se sintan útiles.
- Modificarás algunha posición de xogadores para o domingo?
- Como xa vén sucedendo nos partidos anteriores, unha vez máis non imos repetir a mesma alineación. É un partido diferente, xogamos na casa e entendo que debemos levar máis a iniciativa.
- Chega un Cebarca que aínda non coñece a vitoria. Partido fácil?
- Para nada, temos que ser capaces de asentarnos no campo e cumprir co que falamos no vestiario. En caso contrario, caeremos nos erros pasados e pódesenos complicar o partido. Ademais pode resultar enganosa a clasificación do Cebarca xa que xogaron varios partidos con equipos da zona alta da clasificación.
- Que información tes do Cebarca?
- Realmente, teño pouca información do equipo. Polos resultados que levan destacaría a súa competividade xa que ou empataron ou perderon pola mínima.
- Para finalizar, pedímoslle que ofreza unha mensaxe para os afeccionados do Numancia.
- Pois diríalles que sigan confiando no equipo e que constitúe para nós un orgullo que teñamos a afección de 2ª autonómica máis fiel e numerosa.
Para a convocatoria deste domingo, Juan Alberto non puido contar por estar lesionados con Oli, Costa e Jose. A relación dos dezaseis xogadores citados é a seguinte:
Porteiros: Iván e Kiko.
Defensas: Fernando, Vicente, García, Jauma e Bule.
Medios: Javi, , Borja, , Julio, Teti.
Dianteiros: Manu, Pedrito, Carlos, Ortega e Rubén Allegue.