Inicio Noticias Afeccionados ACRD O Pote 2 - ADR Numancia de Ares, 2
 
 

ACRD O Pote 2 - ADR Numancia de Ares, 2

ADR Numancia de AresClasificados para oitavos na lotaria dos penaltis.

Primer encontro oficial da tempada correspondente aos dezaseisavos da XX Copa Delegación de ferrol disputado no campo do Pote contra o A.C.R.D. O POTE, que serviu ao Numancia para clasificarse para a seguinte rolda tras o lanzamento de penaltis despois do empate a 2.

CRÓNICA

ADR Numancia de Ares. Afeccionados - XX Copa Delegación de Ferrol - Dezaseisavos - O Pote (Maniños). ACRD O Pote, 2 - ADR Numancia de Ares,2Miguel Carballeira e José Antón convocaron aos seguintes xogadores: Sergio, Rubén Rey, Michi, Berto, Vicente, Fran Anido, Oscar, Pablo Ferro, Marcelo, Christian, Elías, Martin, Dani, Iván, Rula e Raúl Anido.

O Numancia saíu co seguinte once inicial: Sergio, Michi, Berto, Vicente, Oscar, Marcelo, Christian, Elías, Dani, Iván e Rula.

Diante estaba O Pote na que militan moitas caras familiares para os afeccionados numantinos, que demostrou, que a pesar da mocidade de gran parte do seu plantel, están dispostos a complicar a vida de calquera equipo.

Despois dos primeiros minutos o xogo volveuse trabado polas continuas faltas, discusións e enfrontamentos entre os xogadores. Como resultado disto, o xogo se acelerou e volveuse impreciso. A pouco para a conclusión da primeira parte chegaría o primeiro gol do equipo local de David Rodríguez nunha internada por banda dereita que finalizou cun forte disparo a porta, co que os equipos retiráronse aos vestiarios co resultado de 1-0.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados - XX Copa Delegación de Ferrol - Dezaseisavos - O Pote (Maniños). ACRD O Pote, 2 - ADR Numancia de Ares,2

No tempo de lecer o Numancia viuse obrigado a facer o seu primeiro troco entrando Martín por Elías que deixou o terreo de xogo lesionado.

Á saída dos vestiarios calmáronse os ánimos e poidose ver máis futbol. O Numancia volveu a mover o banquillo e deu entrada a Raúl Anido por un Berto que se retirou con molestias, e Pablo Ferro por Oscar. Unha apertura a banda dereita de Iván sobre Marcelo con centro de este ó punto de penalti permitiu a Dani Espiñeira poñer o empate no marcador no minuto 60. Volveron a mover o banquillo Carballeira e Antón dando entrada a Fran Anido por Christian. Tras estes cambios chegaron varias ocasións nas duas porterías; no minuto 78 culminou Barreiro un contragolpe local nun balón en longo posto por Dani Cartelle, poñendo o 2 a 1 , pero Marcelo no 81 estableceu o empate, grazas a un pase de Rula á espalda da defensa local, que finalmente sería definitivo. Nos últimos minutos non pasarían grandes cousas, salvo a expulsión dun xogador local no minuto 86 que non puido ser aproveitada polos visitantes.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados - XX Copa Delegación de Ferrol - Dezaseisavos - O Pote (Maniños). ACRD O Pote, 2 - ADR Numancia de Ares,2

Na quenda de penaltis lanzarían Rula, Iván, Dani Espiñeira, Martín e Raúl Anido polo Numancia que transformarían os seus lanzamentos ó igual que Adán, Barreiro, Marcos Alonso  Alex Díaz, para O Pote, mentres que o gardamallas do Numancia Sergio conseguiu deter o último lanzamento ó xogador local Mario.

Tras superar esta eliminatoria de dezaseisavos o Numancia entrontarase en oitavos de final ó CF Monfero que venceu por 3 a 2 o CF Ortigueira no campo de O Xestal, aínda que antes toca seguir coa preparación para o primer partido da liga fronte o C.C.R.D. Perlío o fin de semana do 15 de setembro.

Resultados da xornada.

Acta abreviada do encontro.

Galería fotográfica do partido.

FORZA NUMAN!

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.