ADR Numancia de Ares, 0 - AD Miño, 1

ADR Numancia de Ares

O trofeo de San Roque 2019 marchou para Miño.

Encontro no que se xogou o trofeo de San Roque, que serviu como presentación do equipo local de afeccionados diante da súa afección, a cal respondeu cunha boa entrada e poido disfrutar dunha boa tarde de futbol a pesar do resultado final. o equipo da AD Miño adxudicouse o trofeo tras impoñerse por cero tantos a un.

ADR Numancia de Ares. Trofeo San Roque 2019. Domingo 18 de agosto 2019 a las 19:00 horas en Prados Vellos. ADR Numancia de Ares, 0 - AD Miño, 1 ADR Numancia de Ares. Trofeo San Roque 2019. Domingo 18 de agosto 2019 a las 19:00 horas en Prados Vellos. ADR Numancia de Ares, 0 - AD Miño, 1

CRÓNICA

Miguel Carballeira e José Antón dispuxeron o seguinte once inicial: Sergio, Michi, Juan, Vicente, Marcelo, Christian, Elías, Dani, Iván, Julio e Rubén.

Diante estaba o equipo da AD Miño que xoga na categoría superior, a pesar diso durante a primeira parte do xogo, o Numancia con esforzo e bo fútbol conseguiu competir de ti a ti.

Viuse un xogo dinámico e combinativo por parte dos dous equipos a pesar da altura da pretemporada na que estamos. 

Os dous equipos tiveron varias oportunidades, destacando un gol anulado aos locais pola posición avanzada de Ivan e polos visitantes un man a man do dianteiro que resolveu con coraxe xogandose a cara o gardamallas numantino Sergio, con todo, sería o equipo visitante o que se adiantaría no marcador nunha xogada de balón parado. Co resultado de 0-1 se chegaría o final do primer tempo.

Na segunda metade o Numancia saíu co once seguinte: Rubén, Michi, Berto, Vicente, Marcelo, Ramón, Christian, Elías, Carlos, Rula e Julio. Despois Oscar, Raúl, Martín, Fran e Pablo sairían ao campo substituíndo a Michi, Vicente, Elías, Julio e Marcelo entre os 15 e 25 minutos deste período. 

Neste período o Numancia duplicou os esforzos cunha presión alta que por momentos conseguíu afogar o equipo rival, resultado disto chegarón varias opurtinidades para os locais que ás veces por falta de sorte, como no testarazo de Julio que estrelouse no longueiro  e logo no pau, e outras por falta de puntería non puideron establecer as táboas no marcador. Non obstante, os visitantes tamén meteron o susto no corpo á parroquia local con varias ocasións, especialmente a balón parado.

Ata o final o Numancia tentou darlle a volta ao resultado para dar a vitoria ao seu público, pero a gran entrega do equipo non tivo froitos, rematando o partido co 0-1, marchando o torneo cara Miño.

ADR Numancia de Ares. Trofeo San Roque 2019. Domingo 18 de agosto 2019 a las 19:00 horas en Prados Vellos. ADR Numancia de Ares, 0 - AD Miño, 1 ADR Numancia de Ares. Trofeo San Roque 2019. Domingo 18 de agosto 2019 a las 19:00 horas en Prados Vellos. ADR Numancia de Ares, 0 - AD Miño, 1

ADR Numancia de Ares. Trofeo San Roque 2019. Domingo 18 de agosto 2019 a las 19:00 horas en Prados Vellos. ADR Numancia de Ares, 0 - AD Miño, 1 ADR Numancia de Ares. Trofeo San Roque 2019. Domingo 18 de agosto 2019 a las 19:00 horas en Prados Vellos. ADR Numancia de Ares, 0 - AD Miño, 1

O resultado non empaña o partido realizado polos aresans, que confirma as boas sensacións do partido diante do Vilarmaior.

Dende o club queremos agradecer a participación da comisión de festas de San Roque e o AD Miño, e sobre todo a afección que congregouse para gozar do encontró, polo seu apoio e comportamento.

#ForzaNuman

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.