AFECCIONADOS. PREVIA MANIÑOS - NUMANCIA

SDR NUMANCIA. PREVIA MANIÑOS - NUMANCIAÁNGEL MAHÍA: “ESPERO VER UN PARTIDO CON GOLES”

 
Ángel afronta a súa segunda temporada coma adestrador do Maniños e destaca a ilusión e gañas por realizar unha boa campaña. Comenta que está moi contento coa plantilla e moi cómodo na entidade, se acaso, atopa unha dificultade consistente en ter que deixar fóra da convocatoria semanal a seis xogadores, aínda que espera que asimilen a necesidade das rotacións.
 
-                      Cinco partidos, 3 vitorias e 2 empates, imbatidos ata hoxe. Como valoras estes primeiros partidos?

-                      Despois de ver como transcorreron considero que levamos 4 puntos menos, posto que nos empataron os dous partidos no tempo de desconto. É evidente que somos un equipo moi regular (o único equipo invicto) e que xogamos bastante ben, buscando sempre un fútbol combinativo desde un sistema táctico base dun 4-5-1.
-                      Mellorou o equipo con respecto á última temporada ?
-                      Si, gañamos velocidade polas bandas coa presenza de Luis na dereita e Marquitos na esquerda.
-                      E as baixas? Nótase a falta de Roberto?
-                      Está claro que Roberto é o mellor porteiro da categoría pero nós temos a portería ben cuberta con Rodri e Diego. As outras baixas, Ibán e Fran foron ben cubertas coas incorporacións realizadas.
-                      Que xogadores fichou o Maniños?
-                      Na portería fichamos a Diego (sen equipo); para a defensa, incorporáronse Andrés e David Álvarez (dous centrais procedentes do San Sadurniño) e Suso Vilaboi; para o medio campo viñeron Roi e Marquitos (Ánimas) e Luis (Miño) e para reforzar a dianteira fichamos a Otero (San Pedro)
-                      O título é un obxectivo realista?
-                      A meta é ir partido a partido, intentar non quedar descolgados dos primeiros postos como ocorreu o ano pasado, repito que o obxectivo é estar arriba.
 
        Despois destas reflexións sobre o Maniños, preguntámoslle polo rival.
-                      Chega un Numancia irregular, con moitos goles encaixados. Opinas que a defensa numantina é a súa liña máis frouxa?
-                      O domingo espero ver un partido de goles. Se nós non encaixamos un gol, gañamos fixo. Quero matizar que cando se valora a defensa do Numancia faise comparándoa co altísimo nivel da súa dianteira ou do medio campo. Para ser xustos, hai que dicir que a defensa é propia dun equipo da categoría na que estamos.
-                      Temes á parella dianteira, Manu e Pedrito?
-                      O Numancia ten moitos xogadores con gol, non só os dous dianteiros. Javi Rubio, Oli, Borja acaban as temporadas cunha media de dez goles. O que si sei é que este partido vai ser bo para calibrar o noso sistema defensivo e que podemos contemplar un bonito partido.
-                      Dános un pronóstico para o domingo.
-                      Sospeito que será un partido axustado ao que o Maniños chega coa moral alta. Aposto por un 2 -1.
-                      Cales son os favoritos para o campionato?
-                      O máximo favorito segue sendo o Meirás. Detrás hai catro equipos: Maniños, Numancia, Perlío e Ortigueira. E tamén hai que contar co equipo revelación de cada temporada que, de momento, parece ser o Valdoviño.
 
        Antes de despedirse, Ángel Mahía congratúlase pola designación de Ricardo Landrove, árbitro de terceira división, para dirixir o choque do domingo e asimesmo laméntase de que o céspede do Pote estea un pouco irregular e seco, circunstancia que entende lles pode prexudicar.
        Amablemente facilítanos a lista de xogadores citados para o domingo:
Porteiros: Rodri e Diego.
Defensas: Marcos Sánchez, Adrián, Andrés, David, Santi e Suso.
Medios: Javi, Uxío, Roi, Luis, Marquitos e Jomaka.
Dianteiros: Dani e Charli.
 
Queremos agradecer a Ángel, quen atendeu dilixentemente a nosa chamada, a súa dispoñibilidade.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.