AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - PERLÍO, 4

SDR NUMANCIA. AFECCIONADOS. NUMANCIA-PERLÍO. OUTUBRO 2009AMARGA DERROTA

Partido disputado no campo de Prados Vellos, correspondente á sexta xornada de liga, que confirma a un aspirante e aparta ao Numancia dos postos altos.

11 de outubro de 2009.
 
FICHA TÉCNICA:
Numancia: Kiko; Jaime, Fernando (Jose, m. 70), García, Vicente (Pedro, m. 51); Julio, Teti (Borja, m. 57), Zeta (Rubén, m.83), Ortega (Javi, m. 57); Manu e Pedrito.
Perlío: Alfonso; David, Durán (Kyke, m. 83), Álvaro, Ibán; Ángel (Gonzalo, m. 67), Bonilla, Ramón, Camilo; Fornos e Pena (Popi, m. 74).
Árbitro: Eduardo Pereira Dobarro
GOLES:
0 - 1 m. 34: Fornos, recollendo un pase desde medio campo, supera a Vicente e bate a Kiko polo poste dereito.
0 - 2 m. 50: Fornos, de penalti.
0 – 3  m. 57 : Xogada pola banda esquerda do Perlío e disparo dentro da área de Fornos.
1 – 3 m. 68 : Manu, tras falta cabeceada por Pedrito, desde cerca desvía a gol.
1 – 4 m. 78: Popi lanza desde a banda esquerda un balón que supera a Kiko por alto.

COMENTARIO:
Confirmáronse, en parte, as valoracións efectuadas por Tito na véspera do partido, de modo que puidemos ver a un equipo visitante moi traballador, presionando ao rival e aproveitando os erros defensivos dun Numancia que sufriu un castigo excesivo.
Non tiveron sorte os locais que estrelaron dous balóns nos paos do Perlío cando o marcador rexistraba aínda o empate a cero goles. Especialmente duro foi o primeiro gol do Perlío cando dous minutos antes, Pedrito puido adiantar ao seu equipo cunha vaselina que foi pegar no poste mentres xa se cantaba o gol. Foi unha extraordinaria xogada nacida nun gran pase de Manu ás costas da defensa contraria. Nesta primeira parte os dous equipos, sen realizar un gran partido, pelexaron cada balón e ofreceron uns primeiros 45 m. con poucas ocasións de gol.
A segunda parte comezou con dúas ocasións consecutivas para o Numancia. Na segunda delas, outra vez Pedrito en gran xogada, plántase só diante de Alfonso e intenta superalo cunha vaselina pero Alfonso aguanta ben e saca unha man evitando o empate. Tres minutos despois, Vicente despexa co brazo un centro de Fornos que non levaba excesivo perigo. Foi unha acción intuitiva e inxenua que quizás sentenciou o partido tras o penalti materializado polo propio Fornos. A partir deste 0 – 2 o Numancia desapareceu do partido e o Perlío puido ampliar aínda máis a súa conta goleadora de non ser polas intervencións de Kiko.
Desilusión na afección numantina que contempla a segunda derrota en Prados Vellos e outra vez por goleada. O Perlío amosouse como un equipo férreo, con oficio, e memo esta tarde, con gol. Sen dúbida, un serio candidato ao título.
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.