AFECCIONADOS. PREVIA NUMANCIA - PERLÍO
TITO: “O NUMANCIA É UN EQUIPO SUPEROFENSIVO”
Para completar esta previa do Numancia-Perlío, hoxe, sábado 10 de outubro, coñecemos as opinións de Tito, adestrador do Perlío.
- Cal é o momento do Perlío agora mesmo ?
- Non estamos sendo moi regulares en canto a xogo, alternamos partidos bos coma o de Meirás, con outros malos coma o de Maniños, e para competir debemos ser máis regulares. En canto ao partido de Ares, seguimos tendo a baixa de Chechu o porteiro, aínda que desde hai unha semana incorporamos a Alfonso, e tampouco estará Nacho, ausente por viaxe.
- Como xogades habitualmente?
- Intentamos realizar un fútbol rápido e vertical porque é o que máis daño fai nesta categoría e porque á hora de defender costa un pouco máis. Queremos aproveitar a desorde dos rivais. Defensivamente, intento que non haxa ningún xogador desconectado, que defendan todos. A táctica que utilizamos vén sendo un 4-1-4-1, aínda que con variantes.
- Cales cres que son os puntos fortes e fracos do teu equipo?
- Os aspectos fortes son que traballamos como un bloque e temos certo oficio, ademais dunha entrega e brega totais. Pola contra, temos problemas de cara ao gol e cando caemos na precipitación pasamos do xogo rápido e con intención a un xogo deslabazado.
- Para o partido deste domingo, cambiarás algún aspecto táctico tendo en consideración ao rival?
- En principio, non. Só teño algunha dúbida en función dos xogadores que saian inicialmente no noso equipo.
- Que opinas do Numancia?
- Paréceme un equipo superofensivo que probablemente teña a mellor parella de dianteiros da liga (Manu e Pedrito), cun medio campo moi dotado para surtir balóns á dianteira e que, polo que escoito, no momento no que se asente máis na liña defensiva, acabará por ser o equipo que se espera.
- Dános un pronóstico para o domingo.
- O resultado pode ser un 1 - 2
- Favoritos ao título de liga desta temporada?
- Existe un grupo de equipos que están moi igualados: Numancia, Ortigueira, Maniños, Mugardos B e Meirás. Quédame a dúbida porque ten plantilla para estar arriba. (non cita ao Perlío, pero sabe que tamén debe andar por eses postos)
Ao remate desta breve entrevista, ofrécenos a lista de convocados: Porteiro: Alfonso; Defensas: Ibán, Kyke, Durán, David e Álvaro; Medios: Popi, Camilo, Ramón, Gonzalo, Bonillla e Ángel; Dianterios: Roberto, Fornos e Pena.
Desde esta web, dámos as grazas a Tito pola súa colaboración.