MIGUEL CARBALLEIRA DIRIXIRÁ AO NUMANCIA 2018-2019

MIGUEL CARBALLEIRA E JOSÉ ANTÓN ADESTRARÁN AO PRIMEIRO EQUIPO DO NUMANCIA, POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO

O próximo xoves 2 de Agosto as 20:30 terá lugar en Prados Vellos a presentación do primeiro equipo do Numancia. Comandarán a nave por segundo ano consecutivo, Miguel Carballeira e José Antón, que buscarán darlle continuidade ao traballo feito na pasada temporada,  na que o noso equipo foi quinto no primeiro grupo da Segunda Galicia e chegou ata as semifinais da Copa da Ría.

Jose Antón. Enrenador Aficionados 2018-2019.Miguel Carballeira. Enrenador Aficionados 2018-2019.

Para esta nova temporada, os adestradores contarán de inicio con todos os xogadores que finalizaron a pasada temporada, estando algúns deles, como é lóxico e habitual no fútbol aficionado, pendentes de poder comptibilizar as suas obrigas académicas e laborais co fúbol; para desa maneira poder garantir o máximo compromiso e rendemento durante todo o ano. A maiores de todas as caras coñecidas da pasada temporada, comezarán a pretemporada co equipo outros rapaces de Ares, ou ben formados na nosa canteira, tamén moi coñecidos e queridos pola Marea Vermella. A medida que avance a pretemporada, quedará establecido de maneira definitiva o plantel do Numancia de Ares de modestos 2018 - 2019.

Os partidos de pretemporada confirmados a día de hoxe, son os seguintes:

CULTURAL MANIÑOS "B" - NUMANCIA DE ARES (xoves 9 de Agosto, ás 20:30 en O Pote)

NUMANCIA DE ARES - GALICIA DE MUGARDOS (domingo 12 de Agosto, ás 19:00 en Prados Vellos) - TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE 2018

NUMANCIA DE ARES - CULTURAL MANIÑOS (domingo 19 de Agosto, ás 19:00 en Prados Vellos) - TROFEO CONCELLO DE ARES 2018

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.