AFECCIONADOS: NUMANCIA, 5 - A CAPELA, 2

PRÁCIDA VITORIA EN PRADOS VELLOS. 

O acerto goleador de Pita e Chapu xustifica a vitoria dos locais.
Ares, 26 de marzo de 2018.
Na tarde deste domingo de Ramos celebrouse en Prados Vellos o partido entre o Numancia e o Capela, correspondente á décimo sétima xornada da liga. Regular entrada no campo nunha xornada coincidente coa procesión e a bendición de ramos na praza da Constitución. 
 
ALIÑACIÓNS:
NUMANCIA: Arnoso; Emi, Martín, Teti (Juan, m. 67), Amenedo (Óscar, m. 46); Julio, Elías (Fran, m. 52), Iván (Chapu, m. 58), Carlos (Joaquín, m. 52), Pita e Espiñeira. 
Adestrador: Miguel Carballeira.
Delegado: José Antón.
 
A CAPELA: Noel, Plácido (Alberto, m. 65), Diego, Rafael, Cabarcos, Sergio (Tino, m. 46), Mauro, Santi, Raúl (Ángel, m. 58), Ismael (Juan, m. 58) e Oliveira. 
Adestrador: Alejandro Gómez.
Delegado: Juan Pita.

ÁRBITRO: Abol-Brason Rodríguez, Gonzalo Luís. Recibiron cartóns amarelos: Juan e Cabarcos do Capela; e Fran, do Numancia.
 
GOLES:
1 – 0: (18') Pita.
2 – 0: (44') Pita.
3 – 0: (57') Pita
3 – 1: (68) Oliveira.
4 – 1 : (75') Chapu.
5 – 1: (88') Chapu.
5 – 2:(89') Oliveira.
 
COMENTARIO: A análise do partido de onte podémola reducir citando un só factor: a velocidade e o acerto no remate de Pita poñendo un 2 – 0 ao descanso que se incrementou co terceiro gol do propio dianteiro aos 10 m. da segunda parte. E aínda que o Capela reduciu distancias co gol do aresán Oliveira (o xogador máis perigoso dos visitantes), abrindo as posibilidades de entrar no partido cun segundo gol, a aparición de quen nunca falta, o goleador Chapu, conseguindo o cuarto gol cunha facilidade só propia dos grandes, pechou definitivamente o partido. 
Este domingo de Ramos deixou tres puntos para o Numancia que, máis alá da quinta posición na táboa, deberan servir para ir recuperando as positivas sensacións experimentadas na primeira fase e aproximarnos a ese equipo prometedor de principio de temporada. A boa actuación de xogadores coma Pita, Iván ou Fran no partido de onte constitúen un bo argumento para seguir mantendo a fe nestes rapaces. Quedan por diante dous meses de competición ligueira con partidos ante os primeiros clasificados e sería desexable encaralos con solvencia, de cara á competición de Copa, onde se presenta outra oportunidade para demostrar a valía deste grupo.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.