2ª AUTONÓMICA: NUMANCIA, 3 – NARAHÍO, 2
Partido aberto, con moitos goles e moitas ocasións falladas. Adiantouse o Numancia no minuto 25 cun gol de Oliveira ao rematar de cabeza,espléndidamente, unha falta sacada por Borja. No minuto 37, unha combinación entre Oliveira e Javi, culminouna este último cun tiro cruzado e raso ante a saída do porteiro, colocando o 2 – 0 no marcador.
Na segunda parte, e despois duns primeiros minutos nos que o Narahío estivo moi cerca do gol, Rubén puxo o 3 – 0, un resultado que parecía o encontro de non ser por experiencias anteriores. Por fortuna para o Numancia, nesta ocasión a “remontada” non se produciu e os tres puntos quedaron en Prados Vellos. Non obstante, o Narahío nunca se deu por derrotado, e os goles de Alberto e Suso acercaron ao seu equipo a un empate que non sería inxusto. Mais xa sabemos que en fútbol non é correcto falar de xustiza, senón de goles, e o Numancia conseguiu un máis que o Narahío.
ALINEACIÓN: Kiko; Jose, César, Vicente, Fernando; Borja, Dani, Pedro, Javi; Rubén e Oli. Tamén xogaron Costa, Teti e Jesús.