AFECCIONADOS: NUMANCIA - NEDA.
OS MODESTOS TAMÉN CON SUPERADRI
A recadación que se obteña no partido de mañá, domingo ás 16.30 h. en Prados Vellos, irá íntegra para o apoio da investigación na síndrome de Hunter.
Ares, 21 de xaneiro de 2017.
Dentro desta xornada de solidariedade do fútbol ferrolán con Adri, a SDR Numancia quere aportar o seu pequeno gran no paxe, decidindo cobrar as entradas a 3 €, de maneira que o importe total das entradas será ingresado na conta habilitada pola asociación “Una cura para Adri”. Coas entradas tamén se regalarán as correspondentes rifas que entrarán nun sorteo a efectuar no descanso do partido. O número premiado será agasallado cunha caixa de Bodegas e Viños Ares.
Este partido entre os afeccionados do Numancia e o Neda recollerá, coma os demais encontros disputados polos nosos equipos, a imaxe dos xogadores, técnicos e adestradores dos dous equipos, reunidos arredor do cartel elaborado para este evento.
En consecuencia, a ADR Numancia solicita unha vez máis o apoio e colaboración de toda a afección. Sabemos que non faltaredes.