AFECCIONADOS. MONFERO, 1 - NUMANCIA, 3

MARCOS AMOR:"PARTIDO DE LOITA"

Os tres puntos conseguidos no Xestal permítenlle ao Numancia continuar na loita por meterse nos postos que dan opción ao primeiro grupo.

Ares, 19 de setembro de 2016.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2016-2017.  1ª Fase Liga. O Xestal. 18/09/2016 Monfero, 1 - Numancia, 3Partido correspondente á terceira xornada desta 1ª fase da Liga, grupo A de Ferrol disputado no campo do Xestal.

Comentario de Marcos Amor:

“Esperábase  un partido duro tanto polo estado do campo, as dimensións e que o equipo rival está afeito a xogar neses terreos de xogo.

Antes do partido o equipo quixo renderlle unha merecida homenaxe ao equipo de remo polo ascenso á liga ACT conseguido esa mesma mañá no play-off .

O partido comezaba tal cal falaramos no vestiario, partido de loita, sen espazos para xogar un fútbol combinativo e o estado do campo que estaba moi irregular.

O Numancia estaba empezando a sentirse algo mais cómodo cando no min 31  nun saque de banda do Monfero e tras un barullo no interior do área un xogador rival estivo mais rápido que a defensa numantina e empuxou o balón ao fondo da portería. Primeira parte pobre por parte do Numancia sen realizar durante os primeiros 45 m. ningún tiro a portería local.

Sería á volta dos vestiarios cando  o Numancia empezaría a meterlle ritmo e intensidade ao xogo.

No min 55 nun pase ás costas da defensa do Monfero Julio, nun man  a man, faría o 1-1 e metería definitivamente o equipo no partido.

No min 64  noutro balón ás costas da liña defensiva dos locais e nun balón en vaselina marcaba Julio o 1-2 para o Numancia.

No min 77  nunha contra entre Marcelo, Julio e Roi, sería este último o que de tiro cruzado poñía o 1-3.”

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.