AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - PERLÍO, 2

MARCOS AMOR: “DURO E INMERECIDO RESULTADO”

Derrota nun partido no que o Numancia desaproveitou claras ocasións de gol.

 

Ares, 13 de setembro de 2016.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2016-2017. Numancia, 1 - Perlío, 2. Entrega de la bandera con escudo bordado por parte de las Aficionadas Numantinas a los capitanes del primer equipo.Este domingo, 11 de setembro, e na segunda xornada da 1ª fase da Segunda Galicia, grupo A de Ferrol, o Numancia recibiu en Prados Vellos a un Perlío que conseguiu levar os tres puntos.

Nos prolegómenos do partido e seguindo a liña de colaboración que veñen demostrando co Numancia desde hai unhas temporadas (véxase a campaña pro-desfibrilador), o grupo de activistas numantinas entregou unha fermosa bandeira co escudo do Numancia bordado. O receptor da mesma foi Juan Rey, directivo da entidade, quen agradeceu entusiastamente a xenerosa doazón. Proximamente será colocada no campo de fútbol de Prados Vellos.

A seguir, ofrecemos os comentarios do adestrador local, Marcos Amor:

“Nunha tarde plácida no climatolóxico xogábase o segundo partido de liga contra o sempre perigoso e competitivo Perlío.

Sabíamos que o Perlío ía ser un equipo que propoñería pouco fútbol. Esperabamos balóns en longo desde os centrais ás bandas e que buscarían as segundas xogadas procurando o dianteiro, e xusto foi o que propuxo o Perlío, un fútbol moi directo. E así chegou o primeiro gol, dun saque de falta fronto-lateral que remataba o xogador fenés no segundo pau.

O Numancia seguía apático, sen intensidade, falto de ritmo pero pese a ese mal xogo quen tivo as mellores ocasións foi o Numancia nos pés de Julio, Roi e Espiñeira.

Á volta do vestiario os aresáns tiraron de casta e orgullo e empezaron a xogar como acostuma o equipo. Co paso dos minuto, encerraron ao Perlío na súa área, desde onde saían con balóns longos para defenderse do ataque do Numancia, armando algunha contra. A falta de 14 min para o final do partido un balón buscado entre liñas aprovéitao Espiñeira e facíase xustiza polo visto no terreo de xogo. 

Pero pouco duraría a ledicia para os locais xa que despois dunha ocasión de Chapu para poñer o 2-1 chegou o 1-2 tras un mal despexe que quedou no borde da área e despois dun centro que o xogador do Perlío nunha posición clara de xogo controla o balón e despois de varios rexeites acaba dentro da portería do Numancia. Duro e inmerecido resultado para o Perlío que só levou perigo a balón parado.

Tirada a primeira parte, a falta de puntería lastrou o equipo”.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.