AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - EUME, 1

UN NUMANCIA COMPETITIVO SUPERA AO EUME

O Numancia fíxose coa vitoria e quedou co trofeo Concello de Ares.

Ares, 25 de agosto de 2016.

Este pasado domingo o equipo de afeccionados do Numancia foi quen de disputarlle o balón a un equipo de Primeira Galicia coma os veciños do Eume ata o punto de rematar o partido coa vitoria local.

A aliñación inicial do Numancia foi a seguinte:

Carlos; Álvaro, Antón, Juan Escudero, Amenedo; Martín, Elías, Dani Espiñeira; Paulo, Ángel e Marcelo. Na segunda parte foron entrando o resto dos xogadores dispoñibles: Dani Gañán, Joaquín, Julio, Iván, Edu, Pita, Alberto e Roi.

E a continuación ofrecemos o comentario do adestrador local, Marcos Amor:

“Foi un partido moi completo o realizado polo equipo numantino. Nos primeiros minutos do partido estabamos a expensas do equipo do Eume aínda que o equipo visitante non tivera máis que a ocasión do gol, aos dez minutos do partido e recibido pola falta de contundencia na nosa defensa que permitiu ao dianteiro eumés acomodar o balón e tirar dende a frontal da área.

 

O Numancia seguía a estar durmido pero sen recibir ocasións de gol. A partir do min. 25 o noso equipo empezou a presionar e perder o respecto por un equipo de superior categoría. O gol do Numancia marcouno Elías despois dun balón colgado á área que recolle no  segundo pau e só tivo que empuxalo nun man a man co porteiro.

O Numancia seguiu xerando ocasiones nesta primeira parte pero sen poder materializalas en gol. 

E chegouse ao descanso con empate a un gol no marcador.

Á volta do tempo de lecer o xogo estaba igualado: un Eume tentando facerse con balón e o Numancia ben colocado tacticamente. No min 80 nunha falta a 10 metros do borde da área, Pivo (Iván) tras un formidable lanzamento que se cola pola escadra, consegue o segundo tanto, dándolle a vitoria ao seu equipo.

En definitiva, podo afirmar que o equipo deixou moi boas sensacións”.

Ao final do encontro, Álvaro Casas, o capitán do Numancia, recolleu a copa de campión desta XXIX edición do trofeo “Concello de Ares” de mans do concelleiro de deportes aresán, Geno Fernández.

Galería de imaxes pulsando neste enlace

ADR Numancia de Ares. XXIX Trofeo Concello de Ares. Numancia, 2 - Eume, 1. Prados Vellos (21/08/2016) ADR Numancia de Ares. XXIX Trofeo Concello de Ares. Numancia, 2 - Eume, 1. Prados Vellos (21/08/2016) 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.