AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - G. MUGARDOS, 3

INCERTIDUME ATA O FINAL

O Numancia presentou batalla a un Galicia de Mugardos máis rodado que levou finalmente o trofeo das Festas de San Roque.

 

Ares, 15 de agosto de 2016.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2016-2017 II Trofeo Fiestas de San Roque. 14 de Agosto de 2016 en Prados Vellos. Numancia de Ares, 2 - Galicia de Mugardos 3. Entrega de TrofeosGran entrada en Prados Vellos nesta 2ª edición do trofeo das Festas de San Roque.

O  Numancia presentou a seguinte aliñación:

Carlos; Amenedo (cap.), Alberto, Antón, Marcelo; Iván, Joaquín, Julio; Pita, Edu e Roi. Ao longo da segunda metade foron entrando todos os xogadores dispoñibles: Dani Gañán, Dani Espiñeira, Álex Marti, Ángel, Paulo, Álvaro, Elías e Martín. Non puido disputar ningún minuto Chapu, por molestias nun pé.

O partido respondeu ao guión previsto, cun Galicia de Mugardos (equipo de Preferente) que levou o peso do partido, tocando máis o balón e un Numancia (Segunda Galicia) que se defendeu con orde e intentaba aproximarse á portería do rival.

Na primeira parte as ocasións foron mínimas e só cabe destacar o golazo de Roi, lanzando un gran disparo desde fóra da área. Con este resultado de 1 – 0 se chegou ao descanso.

Na segunda parte, o cansazo nos xogadores do Numancia (algúns só efectuaron un par de sesións de adestramentos) e os cambios ofreceron unha versión diferente, con máis ocasións e goles. A primeira gran ocasión tívoa Edu nun remate a porta baleira que lle marchou fóra. E do máis que claro 2 – 0 pasouse a unha remontada do Mugardos, que subiu o 1 – 3 ao marcador. O Numancia seguía desaproveitando as súas ocasións, ata Edu fallou un penalti, pero finalmente o propio Edu (esta vez si) conseguiu un segundo gol, deixando o empate a un solo tanto.

Ao final do encontro, os representantes da comisión de festas de San Roque entregaron os trofeos.

Galería de imaxes do encontro

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2016-2017 II Trofeo Fiestas de San Roque. 14 de Agosto de 2016 en Prados Vellos. Numancia de Ares, 2 - Galicia de Mugardos 3. Galicia de Mugardos.

 ADR Numancia de Ares. Aficionados 2016-2017 II Trofeo Fiestas de San Roque. 14 de Agosto de 2016 en Prados Vellos. Numancia de Ares, 2 - Galicia de Mugardos 3. Numancia de Ares

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.