AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - G. MUGARDOS, 3
INCERTIDUME ATA O FINAL
O Numancia presentou batalla a un Galicia de Mugardos máis rodado que levou finalmente o trofeo das Festas de San Roque.
Ares, 15 de agosto de 2016.
Gran entrada en Prados Vellos nesta 2ª edición do trofeo das Festas de San Roque.
O Numancia presentou a seguinte aliñación:
Carlos; Amenedo (cap.), Alberto, Antón, Marcelo; Iván, Joaquín, Julio; Pita, Edu e Roi. Ao longo da segunda metade foron entrando todos os xogadores dispoñibles: Dani Gañán, Dani Espiñeira, Álex Marti, Ángel, Paulo, Álvaro, Elías e Martín. Non puido disputar ningún minuto Chapu, por molestias nun pé.
O partido respondeu ao guión previsto, cun Galicia de Mugardos (equipo de Preferente) que levou o peso do partido, tocando máis o balón e un Numancia (Segunda Galicia) que se defendeu con orde e intentaba aproximarse á portería do rival.
Na primeira parte as ocasións foron mínimas e só cabe destacar o golazo de Roi, lanzando un gran disparo desde fóra da área. Con este resultado de 1 – 0 se chegou ao descanso.
Na segunda parte, o cansazo nos xogadores do Numancia (algúns só efectuaron un par de sesións de adestramentos) e os cambios ofreceron unha versión diferente, con máis ocasións e goles. A primeira gran ocasión tívoa Edu nun remate a porta baleira que lle marchou fóra. E do máis que claro 2 – 0 pasouse a unha remontada do Mugardos, que subiu o 1 – 3 ao marcador. O Numancia seguía desaproveitando as súas ocasións, ata Edu fallou un penalti, pero finalmente o propio Edu (esta vez si) conseguiu un segundo gol, deixando o empate a un solo tanto.
Ao final do encontro, os representantes da comisión de festas de San Roque entregaron os trofeos.