AFECCIONADOS. PLAN COMPETICIONAL 2016/17
NOVO EQUIPO: E.F. ENSANCHE
Coa retirada do As Pontes B e a incorporación do Ensanche, os equipos modestos da delegación ferrolá seguen a ser 23, o que implica a repetición do sistema de competición aplicado na última anterior.
Ares, 12 de xullo de 2016.
Configúranse dous grupos, repartíndose segundo a clasificación da temporada anterior, no que xogarán unha primeira fase a unha volta. Os rivais do Numancia serán o Neda, Narón, Perlío, Ortigueira, Cebarca, Capela, Rosalía, Barallobre, San Sadurniño , Monfero e Ensanche.
A competición comezará o 4 de setembro.