AFECCIONADOS. CARIÑO, 1 - NUMANCIA, 2
SUFRINDO ATA O FINAL
Primeira xornada de liga con vitoria e tres puntos importantes conseguidos nun campo difícil.
Cariño. 06/09/09
FICHA TÉCNICA:
Numancia: Iván; Costa, García, Vicente, Bule; Julio (m. 83:Shuster), Borja (m.53: Pedro), Teti, Óscar; Manu e Pedrito (m. 89: Rubén Allegue).
Goles:
0-1 min. 36: Pedrito
0-2 min. 67: Julio
1-2 min. 78: ?
MINUTO A MINUTO:
3´: Primeira ocasión para o Numancia. Centro de Óscar ao que chega forzado Pedrito e remata un pouco desviado.
5´: Outra ocasión para o Numancia: excelente combinación entre Manu e Pedrito rematando este último por riba do porteiro. Un defensa do Cariño salva na liña de gol.
7´: Falta directa a favor do Numancia no borde da área. Dispara Costa contra a barreira e o rechace é enviado por Óscar un tanto desviado.
Está dominando o Numancia e perdoando claras ocasións de gol.
12´: Primeira ocasión para o Cariño. Balón en profundidade pola banda dereita do Cariño e dende a esquina da área remate cruzado que sae fóra.
16´: Outra ocasión para os locais. Perda de balón da defensa numantina que propicia un disparo cruzado que sae moi cerca do poste.
Ollo aos despistes en defensa.
18´: Gran disparo de Bule que desvía a córner o porteiro local.
19´: Tras o saque de esquina, Julio envía o seu disparo ao traveseiro e Manu, de cabeza, encontra outra vez o pau no seu remate.
24´: Gran ocasión para Pedrito cuxo remate sae rozando a base do poste.
27´: Ocasión clara para o Cariño. Outro fallo en defensa que facilita un bo remate do dianteiro cariñés que se estrela na cruceta.
28´: Posible penalti a Pedrito.
31¨: Ocasión moi clara para o Numancia. Gran pase de Borja en profundidade a Pedrito quen centra para que Julio dispare alto.
35´: Dura entrada a Pedrito no medio campo. Quizás era unha entrada merecente de amoestación.
36´: GOOOOOOOOOOOOOOOOOL DE PEDRITO! CARIÑO, 0 – NUMANCIA, 1
Víase vir. O dominio e o control do Numancia tiña que acabar encontrando o gol. Nesta ocasión, nunha falta lanzada á área e tras varios rebotes, o balón chega a Pedrito que resolve desde cerca.
43´: Boa xogada de Manu internándose na área e regateando a varios adversarios. O seu centro non ten consecuencias.
44´: Falta lanzada por Óscar que o porteiro envía a córner.
FIN DA PRIMEIRA PARTE: Aceptable primeira parte do Numancia, creando bastantes ocasións de gol e levando o control do partido.
48´: Comeza a segunda parte con outra ocasión de gol para Pedrito. O córner lanzado polo propio xogador case acaba en gol olímpico.
51´: Outra vez Pedrito remata unha falta lanzada por Óscar. Nova oportunidade de incrementar o marcador.
59´: Contraataque do Numancia cortado en clara falta a Pedrito. Nesta ocasión si hai amoestación.
62´: Agarrón de libro a Pedrito en xogada de ataque. O árbitro sinala a falta mais non amosa ningún cartón.
65´: Puido empatar o Cariño nun remate de cabeza desde cerca.
67´: GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DE JULIO! CARIÑO, 0 - NUMANCIA, 2
Trallazo de Pedrito que repele o traveseiro. O rechace vai a Julio que desde cerca marca o segundo gol.
68´: Balón que Iván consegue rexeitar cara o traveseiro tras remate de cabeza nun córner a favor do Cariño.
70´: Xogadón de Teti dentro da área local con varios regates. Entrega a Manu que, só diante do porteiro, increiblemente bota fóra o balón. Puido sentenciar o partido.
75´: Iván comete falta tras soltar o balón e volver a collelo. Fallo incomprensible. O libre indirecto non ten consecuencias de cara ao marcador.
77´: Pedrito, desde a esquerda coloca un balón na área para que Julio, en posición clarísima de gol, remate fóra. Están desaproveitando as ocasións para resolver definitivamente este encontro.
78´: GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO CARIÑO! CARIÑO, 1 – NUMANCIA, 2
Ante a pasividade e pouca contundencia da defensa aresá, o dianteiro do Cariño, entra pegado á liña de fondo e cede atrás para que o seu compañeiro marque a pracer.
Ainda quedaban minutos e o Cariño buscou o empate presionando e empuxando mais sen crear ocasións claras. Os seguidores aresáns acabaron o partido pedindo a hora nun partido que debeu quedar resolto con claridade.
6 de setembro de 2009. Xoán.