Afeccionados: Numancia, 3 - Pelío, 2

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Aficionados. Numancia ,3 - Perlío, 2. Prados Vellos Ares.Nova proba de pretempada do equipo de afeccionados en Prados Vellos. que rematou con víctoria axustada por 3 a 2 frente o conxunto do Perlío.

 

 

30/08/09 Prados Vellos. Ares

Alineación do Numancia: Sergio, Costa, Bule, Vicente, Jauma, Teti, Borja, Javi, Julio, Pedrito y Manu. Tamén participaron no encontro: Dani, Pedro, Xuster, Rubén, Kiko, Oscar, Zeta e David.

Primeira parte na que o cadro aresán intenta facer xogo combinativo, pero cústalle moito desenvolver o seu xogo, e no minuto 10 adiantase o conxunto visitante. O gol nace nun erro defensivo na banda que o interior fenés culmina cún pase hacia atrás para que o dianteiro só teña que empurrar o balón ó fondo da portería local.

O gol en contra parece que motiva os locaís que melloran no seu xogo e se lanzan ó ataque e presionan máis en campo contrario. Grazas á esta melloría chegaría o empate nun balón que Jauma, mediante un cambio de xogo, pon ós pes de Manu que resolve encarando ó porteiro en solitario (1-1) .  A melloría no xogo local levao a facer unha xogada donde participa casi todo o equipo, o balón chega a Pedrito, que marcha da súa marca, adentrase no área visitante e pon, cún pase da morte, un balón nas botas de Manu que tan só ten  que empurrar para establecer o 2-1.

O xogo despregado polo Numancia dende a consecución do segundo tanto foi moito máis dinámico e propiciou máis ocasións de gol. A pesar de todo este traballo ó descanso se chegou có resultado de 2-1.

No tempo de lecer, Juan Alberto realizou cinco trocos pero o sistema de xogo seguiría sendo o mesmo que no primeiro tempo, (1.4.1.4.1). O Perlío pola sua banda pon un equipo totalmente novo para comenzar a segunda parte.

O xogo dos locaís segue sendo intentar o toque do balón na medular e boas combinacións entre Javi, Zeta e Borja poñen en apuros á defensa do Perlío. O terceiro tanto local chegaría nun saque de banda que efectúa Jauma pegado ó "corner". Jauma pon ó primeiro pau, o balón bota, e Pedrito salta máis cá defensa visitante para establecer de cabeza o 3-1.

Dende a consecución do terceiro tanto os aresáns se relaxan un pouco e deixan que acurte diferenzas o equipo visitante. Unha saída do central do Perlío có balón controlado non pode ser interceptada por ningún xogador local e dende 40 metros consegue efectuar un forte disparo que o porteiro local Kiko, molestado polo reflexo do sol, non pode atallar,

Dende ahí ata o final, 20 mínutos de ocasións para ambos equipos pero xa non habería movimento no marcador. Ó final víctoria mínima do Numancia por 3-2.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.