AFECCIONADOS. SOMOZAS “B”, 0 – NUMANCIA, 2.

GRAN RESULTADO

Partido correspondente a 8ª xornada de liga (1ª fase) da 2ª autonómica, grupo A, disputado o pasado domingo 25 de outubro, ás 16:30 h, no campo anexo de Pardiñas, e que rematou con vitoria do Numancia. Ao descanso o resultado era de 0 – 0.
 

FICHA TECNICA

SOMOZAS “B”: Carlos, Lorens, Sanlucas (Fabio 74´), Quique, Isma, Juan, David (Micael 61´), Marco, Santi (Javi 85´), Fernando (C), e Michel.

Adestrador: José M. López Veiga.

Delegado: José A. Pico Barro.

NUMANCIA: Carlos, Martín, Pepe, Adrián (Amenedo 88´), Paulo (Borja 66´), Teti (C), Manu (Alex Pita 58´), Julio, Edu, Chapu e Roi (Álvaro 70´).

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

ARBITRO: Marcos Padin Pita. Mostrou cartón amarelo os locais Isma, Fabio, Marco e Micael. Polos visitantes virono Manu, Edu e Alex Pita. Expulsados no equipo local, con cartón vermello Juan, e con dobre cartón amarelo Fernando e José Pico (delegado).

GOLES:

0 - 1: JULIO (min. 67), golazo de Julio de lanzamento directo.

0 - 2: CHAPU (min. 87), balón pelexado por Edu preto do banderín de córner, o dianteiro aresano vaise do seu marcador e pon un pase medido entre a defensa local para a entrada de Chapu que remata sen oposición.

Partido complicado ante o líder de grupo nun campo no que a estreiteza do mesmo non favorecía o xogo do equipo aresano. No minuto 6, o Somozas quedaba en inferioridade numérica pola expulsión de Juan. A partir dese momento os locais encerráronse atrás realizando un gran traballo defensivo e tratando de saír á contra con balóns en longo buscando a velocidade de Michel. A pesar da superioridade numérica os aresanos tiveron moitos problemas para penetrar na fortificada barreira defensiva local. A posesión e o xogo alternábase entre ambos equipos sen que ningún deles xerase boas ocasións de gol. Edu puido marcar cun disparo cruzado pero o balón marchábase pegado ao pau. Para os locais Michel tamén estivo a piques de logralo cun centro-chute ao que non chegaba Santi e que tocaba Julio para dar o balón na base do pau. Co resultado de 0 – 0, unha primeira parte bastante aburrida e con moitos paróns por mor das faltas chegabamos ao descanso.

Na segunda metade os de Ares tiveron algo máis o control do balón pero cometeron algúns erros na entrega dos pases entre liñas que propiciaban rápidos contragolpes locais que lles crearon moitos problemas. Cun xogo máis aberto ás bandas e menos fútbol directo os de Ares conseguían chegar ás inmediacións da área pero non definía nos últimos metros. Tivo Manu o gol nun caneo dentro da área cun forte disparo que o porteiro local rexeitaba a córner. Tamén puido Fernando adiantar aos locais cun disparo en boca de gol pero remataba excesivamente alto. Tentabao tamén Michel cun disparo raso e axustado á base do pau, pero a gran estirada de Carlos marraba a ocasión local. No minuto 67, tras un maxistral lanzamento de falta de Julio, quen cravaba o balón na escuadra da meta local, chegaba o primeiro gol do partido. Gol psicolóxico que sacou do partido aos locais, afloraron as faltas, os cartóns e as expulsións, quedándose os locais con nove xogadores no campo. A tres minutos do tempo regulamentario Chapu mataba o partido despois dunha gran xogada de Edu.

En resumo gran resultado para un partido que ofreceu pouco futbolísticamente pero que os de Ares sacaron adiante nun campo moi difícil e ante un equipo veterano e físico.

O próximo domingo 1 de novembro, en partido correspondente a antepenúltima xornada desta primeira fase de competición, os modestos do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do CCRD Perlío.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.