AFECCIONADOS: MANDIA, 2 – NUMANCIA, 2.

EMPATE IN EXTREMIS

Partido correspondente á 3ª xornada de liga (1ª fase) de 2ª autonómica no seu grupo “A” deputado na tarde de domingo no campo de Boavista entre o Mandiá e o Numancia con resultado final de empate a dous. Ao descanso o resultado era de empate a uns.


Mandiá, 20 de setembro de 2015.

FICHA TECNICA

MANDIA: Alfredo, Antonio (Marcos 76´), Rafael, Iván, Oscar (Francisco 74´), Bouza, Moisés (C) (Pita 54´), Manuel, Santiago (Cristian 76´), Sergio e Bruno (Luís 57´).

Adestrador: Paulo Gradaille García.

Delegado: Iván González Mosquera.

NUMANCIA: Carlos, Paulo, Martín, Berto (Amenedo 60´), Antón, Teti (C), Roi (Alex Pita 58´), Joaquín, Chapu, Julio (Edu 54´) e Fernando (Adrián 75´).

Adestrador: Marcos Antonio Amor Roel.

Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

ARBITRO: Tomás Lorenzo Castro. Amosou tarxeta amarela a Bouza e Cristian polo Mandiá. Polo Numancia viuna Antón, Carlos, Adrián e Marcos. Resultou expulsado Adrián polo Numancia.

GOLES:

0 - 1: CHAPU (min, 21), xogada pola esquerda de Fernando con centro ao área pequena que cabecea Chapu ao fondo da rede.

1 - 1: SERGIO (min. 35), de penalti.

2 - 1: PAULO (propia porta) (min. 76), cesión de Paulo ao seu porteiro Carlos, xusto antes do golpeo deste o balón bota nunha irregularidade do terreo de xogo provocando o seu fallo no despexe e coándose o balón en propia porta.

2 - 2: ANTON (min. 95), saque de esquina moi pechado que executa Paulo e Antón remata segundo lle cáe ao fondo da rede.

Partido que comezaba co equipo local tomando a iniciativa no xogo. Deles sería a primeira ocasión de adiantarse no marcador por medio de Santiago ao rematar algo forzado desde o chan un balón que se estrelou na base do pau, o balón paseouse paralelo á liña de gol e finalmente sacábao Antón. Posteriormente dúas xogadas polémicas na área local con derribo sobre Fernando e Teti e que foron moi protestadas polo respectable. Mediada a primeira metade chegaba o primeiro gol do partido, Fernando roubaba un balón preto do medio do campo, corría polo lateral esquerdo e poñía un centro medido ao área pequena que Chapu cabeceaba ao fondo da rede para adiantar aos de Ares. Puido empatar Moisés para o locais pero o seu disparo raso diante de Carlos era desviado a córner por este nunha boa parada. Á media hora de xogo un inocente penalti de Berto sobre un dianteiro local e que transformaba Sergio significaba o gol de empate. Antes do descanso Chapu remataba un balón que marchaba pegado ao pau, e Roi non definía nun man a man fronte Alfredo ao picar un balón que saía por encima da portería. Con empate a un tanto no marcador marchábamos a descanso.

Comezaba a segunda metade e aos poucos minutos Chapu poñía un balón en longo para Julio, pero éste non definía ante a saida de Alfredo. Acto seguido novamente Alfredo detiña un disparo algo frouxo á escuadra de Fernando. Tampouco definía Luís nun man a man con Carlos que adiviñou as intencións do dianteiro local desviando o seu bo disparo a córner. Durante bastantes minutos o partido transcorreu con moitas interrupcións consecuencia das faltas e sen apenas aproximacións reseñables ás respectivas áreas. Transcorrida a media hora da segunda parte chegaría unha xogada fatídica para os de Ares, cesión de Paulo ao porteiro, e xusto antes do golpeo deste o balón bota nunha irregularidade do terreo de xogo provocando o seu fallo no despexe e coándose na portería para poñer por diante aos locais. Co marcador en contra os de Ares botaron o resto, encerraron ao rival no seu campo e foron varias as ocasións para alcanzar o empate. Chapu disparaba cruzado e o balón marchaba pegado á base do pau. Edu remataba de cabeza un centro de Alex Pita pero o balón tamén se ía fóra por moi pouco. Centro de Paulo desde a esquerda, recolle e recorta Alex Pita dentro da área, disparo e gran parada de Alfredo que desviaba a córner evitando o gol. Nova ocasión para Chapu pero o seu libre directo detiñao Alfredo. E xa no tempo engadido, e na última xogada do partido, os de Ares obterían o seu premio á insistencia aproveitando Antón un saque de esquina para marcar o gol que daba o ansiado empate os de Ares e que pechaba o partido.

En resumo, partido igualado, pero pouco vistoso en canto a fútbol, marcado por moitas interrupcións e por algunhas xogadas polémicas froito das imprecisións arbitrais.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.