AFECCIONADOS: X. CABANAS, 0 – NUMANCIA, 4.

ARRANQUE DE TEMPORADA CON VITORIA.

Primeiro partido de temporada dos modestos disputado na tarde do domingo no campo da Veiga fronte ao X. Cabanas que rematou con vitoria aresana. Ao descanso o resultado era de 0 - 2.
 


Antes de dar comezo ao partido gardouse un respectuoso minuto de silencio en recordo das vítimas do rally de Carral. Descansen en paz.

Cabanas, 6 de setembro de 2015.

FICHA TECNICA:

X. CABANAS: Eduardo (Adrián 46´), Freire, Álvaro, Víctor (Mahuel 46´), Alberto, Guillermo (Severino 60´), Javier (C), Ignacio, Roberto (Andrés 70´), Taboada (Borja 72´) e Rubén.

Adestrador: Ramón Martínez Díez.

2º adestrador: Santiago Pousada Otero.

Delegado: Severino Sánchez Méndez.

NUMANCIA: Carlos (Cristian 57´), Martín, Pepe (Álvaro 61´), Berto (Adrián 65´), Paulo, Teti (C), Alex Pita, Joaquín, Edu, Chapu (Julio 55´) e Roi (Fernando 65´).

Adestrador: Marcos Antonio Amor Roel.

Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

ARBITRO: Miguel A. Piñón López. Amosoulle cartón amárelo a Freire, Alberto e Severino polo Cabanas, polo Numancia viuno Paulo.

GOLES:

0 - 1: TETI (min. 20), saque de esquina e remate de cabeza de Teti ao fondo da rede.

0 - 2: CHAPU (min. 27), penalti sobre Edu que transforma Chapu.

0 - 3: ALEX PITA (min. 51), cambio de xogo de Roi dende a esquerda á banda contraria para a entrada de Alex Pita quen remata segundo lle cae, o balón o rexeita o porteiro e volve a Alex que non falla na súa segunda oportunidade.

0 - 4: EDU (min. 86), roubo de balón de Julio no círculo central, condución ata o bordo da área e apertura á dereita para a entrada de Edu quen marca a porta baleira.

Comezaba o partido cuns primeiros minutos de posesión por parte do Cabanas tomando a partir de aí os de Ares o timón do partido. Comezaron a chegar as ocasións aresanas, pero as xeradas por Alex Pita, Roi e Edu non encontraron a portaría. Un bo remate de cabeza de Chapu encontrábase co longueiro e un defensa despexaba o rexeitamento a córner. Da saída deste córner Teti adiantábase aos defensas e chegaba o merecido primeiro gol do Numancia. Continuaron os de Ares xerando boas e claras ocasións pero o balón non quería entrar. Á media hora de xogo Edu era derrubado na área, o colexiado sinalaba a pena máxima, e Chapu marcaba o segundo. O Cabanas trataba de saír co balón controlado pero apenas conseguía pasar do medio campo. Unha falta e un par de córner serían os achegamentos locais á meta aresana sendo resoltos sen máis contratempos polos numantinos. Antes do descanso máis ocasións para os de Ares pero o marcador non se movería. Ao descanso, un 0 - 2 que se antollaba algo escaso para o visto neste primeiro período.

A segunda parte foi prácticamente un calco da primeira. Aos seis minutos da reanudación Alex Pita poñía o terceiro tanto visitante. O Numancia continuou tendo o control do partido ante un Cabanas que trataba de xerar perigo con balóns en longo e algunhas xogadas a balón parado pero que apenas supuxeron traballo para o meta aresano. Quen si tivo traballo e arreo foi Adrián, o meta local, quen realizou intervencións de moito mérito abortando algunhas das claras ocasións aresanas, incluída a parada dun penalti, con rexeitamento incluído, a Julio. Pouco antes do descanso este último xogador arrancaba en xogada persoal dende o círculo central e asistía a Edu quen marcaba un gol que premiaba o seu gran traballo e que significaba o cuarto e definitivo tanto visitante.

O próximo fin de semana os de Ares recibirán en Prados Vellos a visita do Galicia de Caranza.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.


 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.