AFECCIONADOS: NUMANCIA, 3 - MIÑO, 0.

OS GOLES DE CHAPU DAN A VITORIA AO NUMANCIA

A vixésimo oitava edición do trofeo concello de Ares ofreceunos un partido intenso e disputado, cun resultado final de 3 – 0 favorable os de Ares. Ao descanso o resultado era de 2 – 0.

Ares, 30 de agosto de 2015

Na tarde de onte abriu as portas Prados Vellos para asistir a unha nova edición do torneo “Concello de Ares”, de categoría de afeccionados. Nesta ocasión o equipo invitado era o Miño, brillante campión de 2ª autonómica na temporada pasada e que afronta este 2015-16 coa intención de consolidarse na nova categoría para o que se reforzou notoriamente.

Tamén tivemos ocasión de ver ao equipo anfitrión, un Numancia continuísta con respecto ao do 2014-15, que presentaba unha formación inicial con só dúas novas incorporacións, Joaquín e Roi, dous rapaces que sen dúbida aportarán o seu traballo, esforzo e ilusión a un equipo que promete saír nesta liga a dar a batalla en cada partido.

FICHA TECNICA.

NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Martín, Berto (Pepe 76´), Paulo, Teti (C), Alex Pita (Fernando 62´), Joaquín (Rubén 73´), Chapu (Iván 71´), Julio (Adrián 62´) e Roi.

Adestrador: Marcos Antonio Amor Roel.

Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

MIÑO: Oscar (Javi 46´), Valiño, Sanmartín, Semi, David (C) (Pablo 46´), Ramón (Samu 28´), Miguel, Javier, Pablo, Vila e Fornos.

Adestrador: Juan Fernández Ameneiro.

Delegado: Juan M. Salido Domínguez.

ARBITRO: Daniel Barrera Lourido. Amosoulle cartón amarelo a Julio polo Numancia, e Vila e Pablo polo Miño.

GOLES:

1 - 0: CHAPU (min. 20), golazo de Chapu nun lanzamento de libre directo que se coa por toda a escuadra.

2 - 0: CHAPU (min. 41), erro do Miño nunha cesión atrás que intercepta Chapu, se interna ata o punto de penalti e bate por abaixo a Oscar.

3 - 0: TETI (min. 67), saque de esquina dende a dereita a favor dos de Ares que peina lixeiramente Chapu, o balón chega aos pés de Teti que marca de disparo cruzado dende o lateral esquerdo da área pequena.

COMENTARIO: Despois duns primeiros minutos nos que se puido adiantar no marcador o Numancia, cun man a man de Roi con Oscar, e dous posteriores disparos de Julio; foi posteriormente o Miño o quen dispuxo doutras dúas oportunidades nas que o balón tampouco quixo entrar na portería de Carlos. A primeira a lanzamento directo de Ramón que Carlos rexeitaba con apuros a córner, e dese córner Fornos estrelaba o balón no longueiro. Empate a oportunidades desaproveitadas que deu paso a unha fase na que o Miño tiña máis balón pero tampouco creaba perigo. Entón xurdiu a figura estelar do goleador, do Chapugol que nunca decepciona. Unha falta innecesaria ao borde da área converteuse na primeira obra de arte da tarde: o lanzamento espectacular de Chapu fixo inútil a estirada de Óscar. Golazo que adiantaba aos locais, dándolles confianza e forzas. Dez minutos despois un balón rematado por Chapu a centro de Roi encontabase co pau. E antes do descanso, nunha mala cesión da defensa visitante, o balón cazao Chapu, quen non desaproveitou a ocasión, e conseguiu un segundo gol co que se marchaba aos vestiarios.

Na segunda parte o Miño buscou un gol que o metera no partido, embotellando aos aresáns na súa área, pero entre a seguridade de Carlos e o traballo defensivo de todo o equipo foron capeando o temporal, sacando Álvaro de debaixo dos paus un gol cantado a remate de cabeza de Vila. O gol de Teti, empalmando dentro da área un balón sacado por Roi desde o córner, puxo fin ás esperanzas miñotas. Xa era unha desvantaxe insalvable ante un Numancia “aguerrido” e batallador.

Así pois, o trofeo queda nas vitrinas do Numancia e pon fin a unha pretemporada brillante e ilusionante. Ao remate do partido, o concellerio de deportes de Ares, Eugenio Fernández, entregou os trofeos aos capitáns dos equipos.

Con este Trofeo Concello de Ares remata a pretempada do equipo de modestos xa que o próximo fin de semana comeza o campionato de liga. O Numancia na primeira xornada desprazarase ao campo de A Veiga para enfrontarse ao Xuventude Cabanas.



Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.