AFECCIONADOS (Pretemporada): NUMANCIA - EUME
NUMANCIA E EUME DISPUTAN O I TROFEO DAS FESTAS DE SAN ROQUE DE ARES
Este domingo, 16 de agosto, festividade de San Roque, o campo de Prados Vellos de Ares acollerá ás 19.00 h., o partido entre o Numancia e o Eume Deportivo que disputarán o I Trofeo das festas de San Roque.
Ares, 14 de agosto de 2015
A ADR Numancia agradece á comisión de festas de San Roque de Ares a súa colaboración na disputa deste torneo, poñendo en xogo neste encontro amigable o trofeo de campión. Para o subcampión tamén haberá trofeo, doado asimesmo pola comisión de festas.
Oportunidade para o Numancia de ir probando xogadores ante un equipo de categoría superior, o Eume, reforzado para esta temporada con xogadores que o converten nunha formación potente, chamada a estar nas primeiras posicións da liga.