AFECCIONADOS. CEA FIN DE TEMPORADA.

OS NOMINADOS: MARTÍN BOUZA, JULIO ESCUDERO, MARCOS AMOR E CARTELLE.

O restaurante A Casa Nova de Ares inauguraba as súas instalacións, acollendo este pasado sábado a cea de fin de temporada do Numancia de afeccionados.

 

Ares, 14 de xullo de 2015.

Acompañando ao plantel de xogadores e adestradores encontrábanse varios compoñentes da Xunta Directiva da entidade, así como Manel Pérez, representante de Bodegas Murillo Viteri; Manolo, propietario do restaurante; e o señor párroco de Ares, Antonio Heras.

Unha vez rematada a cea, chegou o momento dun breve balance da temporada 2014-15 e, como non podía ser doutra maneira, houbo parabéns para todos, para os xogadores e para os técnicos e delegados que formaron esa estupenda tripulación durante toda a temporada.

Máis alá do éxito colectivo, houbo premios individuais, ofrecemento das bodegas Murillo Viteri:

- Ao xogador máis regular, que non foi outro que un Martín Bouza case sorprendido pola boa temporada realizada, cando viña dun período lastrado polas lesións.
 
- Ao máximo goleador, Julio Escudero, quen non esquece aínda ese penalti parado polo porteiro nas semifinais de copa contra o Narón.

E, Manel Pérez, coma home de fútbol que é, lembrando a súa participación coma xogador, directivo e adestrador, tivo un recoñecemento especial ao labor dos capitáns do barco. Fixo fincapé na importancia do traballo do adestrador para formar equipo, para crear ilusión e competir durante toda a temporada. De aí ese premio especial para Marcos Amor.

Finalmente, o propio Manel comentou que, cando el estivera de adestrador, sempre tivo ao seu lado a un colaborador, pois entendía que era primordial ter a un compañeiro que o axudara na tarefa. En consecuencia, felicitou a Marcos Amor por ser o suficientemente intelixente como para rodearse de xente coma Cartelle, entregándolle a este último outro regalo de Murillo Viteri.



 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.