Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - MANDIA, 1.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - MANDIA, 1.

DE CAMPANADAS, CUARTOS E CORTES DE PELO...

Partido correspondente a penúltima xornada da Segunda Autonómica grupo 4, disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante numeroso público. O resultado ao descanso era de 1 - 1.

Antes do comezo do partido, o representante da adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra, Alejandro Pérez entregou ao dianteiro do Numancia, Chapu, o premio ao mellor xogador do noso equipo no mes de marzo. Noraboa a Chapu.


Ares, 19 de abril de 2015.

FICHA TÉCNICA:


NUMANCIA: Carlos (Cristian 80´), Álvaro, Berto, Martín, Pepe (Paulo 59´), Teti (C) (Adrián 46´), Julio, Alex Pita (Fernando 62´), Manu, Borja e Chapu (Jesús 86´).

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.

MANDÍA CF: Iván (Óscar Otero 75´), Serva, Óscar Vivar, Toni (Chechu 70´), Fusas, Floriani (Cris 61´), Moisés, Mosquera (C), Balillas, Segi (Chajo 77´) e Nano (Iván65´).

Adestrador: José Luís Padín Calvo.

Delegado: Jorge Teijeiro Díaz.

COLEXIADO: D. David Sierra Pereira. Amoestou a Manu e Paulo no Numancia e Nano, Moisés e Cris no Mandía.

GOLES:

1 - 0 (CHAPU) Pase interior de Julio que o porteiro visitante na sua saida non consigue atrapar. Chapu faise co balón solto e anota a porta vacía (minuto 20).

1 - 1 (MOSQUERA) Penalti transformado por Mosquera (minuto 22).

2 - 1 (FERNANDO) Centro dende banda esquerda de Julio que aproveita Fernando no segundo pau para rematar de primeiras ao fondo da portería do Mandiá (minuto 71).

3 - 1 (MANU) Asistencia de Fernando para que Manu cruce o balón ante a saida do gardarredes visitante (minuto 78).

4 - 1 (JULIO) Pase de Borja para Julio que regatea a un defensa e supera ao porteiro na sua saida (minuto 85).

 



CRÓNICA:

Penúltima xornada da Segunda Autonómica e último partido da citada liga en Prados Vellos. O Numancia non deixou pasar a oportunidade de asegurar o cuarto posto e venceu ao Mandiá nun partido cunha primeira parte igualada, e cunha segunda de claro dominio local.

Os primeiros 20 minutos foron de posicionamento no campo. Ambos equipos querían tratar ben o balón pero os xogadores estaban imprecisos. No minuto 18 Chapu avisaba cun cabezazo que non entraba, pero no minuto 20 o mesmo Chapu anotaba o 1 - 0 cun gol propio dun dos mellores cazadores de área da categoría. Dous minutos despois no 22 penalti claro a favor dos visitantes que transformaba Mosquera para anotar o 1 - 1 no marcador de Prados Vellos. No último tramo da primeira metade ambos equipos gozaron de ocasións. Os visitantes cunha falta colgada e un tiro por baixo que encontraban en ambos casos o acerto do noso gardarredes Carlos. O Numancia cunha falta de Alex Pita que marchou alta, un disparo de Chapu que desviaba a córner un defensa ou cunha doble ocasión nese mesmo córner que ao final tras varios disparos íaselle alta a Teti. Non se movía pois ese 1 - 1 antes do descanso.

Na segunda metade avisaba o Mandiá nada máis sair dos vestuarios cun disparo de Moisés que Carlos abortaba cunha boa parada. Espertaba o Numancia e chegaban unha serie de ocasións moi seguidas. Dous disparos de Julio, unha falta de Borja que marchaba alta, un disparo de Alex Pita que marchaba fora por moi pouco, unha xogada personal de Manu que terminaba cun disparo que o gardarredes visitante mandaba a córner, un disparo de Chapu algo alto... O Numancia dominaba e atopaba espacios ante un Mandía que xa non corría o mesmo que na primeira metade. No minuto 60 o colexiado anulaba un gol a Alex Pita tras observar falta ao porteiro. Chegaban os cambios no Numancia e no minuto 65 o Mandiá daba sinais de vida cunha ocasión que mandaba fora No minuto 71 chegaba o 2 - 1 cun fermoso centro de Julio dende a esquerda que remataba con sutileza Fernando no segundo pau. Pouco despois chegaba a lesión do porteiro do Mandiá Iván, tendo que poñerse un xogador de campo na portería. Os últimos 15 minutos foron de total dominio dos numantinos.  O 3 - 1 por parte de Manu e o 4 - 1 de Julio confirmaban unha vitoria final do Numancia ante un equipo que deixou boa imaxen en Prados Vellos, o Mandiá CF que xogará novamente a próxima temporada en Segunda Autonómica co Numancia.

Despois do partido chegou o terceiro tempo. Había que celebrar o cuarto posto na Segunda Autonómica e chegaba o momento de que algún atrevido delegado cumplira a sua promesa.  Había moito que celebrar xa que a competición de Liga que comezaba con dúbidaas  e con momentos compricados na zona baixa da clasificación.... Con moito O delegado do Numancia no momento de cumprir a sua promesa.ruído... Pero o Numancia foi mellorando e asentándose na zona media - alta da clasificación. Nese momento o delegado José Ramón Hermida apostaba que en caso de quedar cuartos rapaba o pelo ao cero. E así foi. Non houbo indulto e os adestradores Marcos Amor e Manuel Cartelle coa axuda dos xogadores deixaban fresca de ideas a cabeza do seu delegado. Sen dúbida unha mostra da unión dun vestuario e dun grupo moi xoven que con compromiso, ilusión e bo facer semana tras semana e domingo tras domingo nos adestramentos e nos partidos conseguiu coa axuda inestimable da Marea Vermella a mellor clasificación dos últimos anos do Numancia de Ares na Segunda Autonómica de Ferrolterra. ¡¡¡¡Noraboa a tod@s¡¡¡

O próximo domingo o Numancia xogará a última xornada de Liga. Un partido de trámite en Morouzos ante o 5º clasificado, o Ortigueira CF. Despois tocará afrontar a competición da fase previa da Copa da Ría ante o Rosalía de Vilaboa a doble volta, a ida en Vilaboa e o partido de volta en Prados Vellos. De momento, vémonos o próximo domingo en Morouzos.

O Numancia somos tod@s

"Al buen callar llaman Sancho"  (Refrán)

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.