AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 – CARIÑO, 4.

ROMPEUSE A BOA RACHA

Partido correspondente a 22ª xornada da Segunda Autonómica grupo 4, disputado na tarde do domingo no campo de Prados Vellos que presentou unha boa entrada. O resultado ao descanso era de 1 - 2 favorable aos de Ortegal.

 


Ares, 22 de febreiro de 2015.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos, Antón, Paulo (Martín Pérez 82´), Berto, Martín Bouza (Álvaro 80´), Teti (C), Adrián (Iván 55´), Julio (Jesús 74´), Manu, Alex Pita e Chapu (Marcelo 74´).

Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

CD CARIÑO: Brais, Aneiros, Manu (Jonathan 59´), Tara, Maseda, Rusti, Perlero, Rubén, Dorado, Alejandro (Aitor 85´) e Quique (Christian 63´).

Adestrador: Carlos Yañez Quizá.

Delegado: Juan carlos Pardo Galdo.

COLEXIADO: D. Iago Veiga López. Amoestou a Cartelle (adestrador), Jose (delegado), Julio e Antón no Numancia, e Manu, Aneiros e Carlos (adestrador) no Cariño.

GOLES:

0 - 1 (RUBÉN) Pena máxima transformada por Rubén (minuto 11).

0 - 2 (QUIQUE) Balón que recolle Quique en tres cuartos de campo para superar a Carlos de forte disparo de volea que entra pegado (minuto 30)

1 - 2 (JULIO) Pena máxima transformada por Julio (minuto 44).

2 - 2 (ALEX PITA) Balón ás costas da defensa visitante que aproveita Alex Pita para batir a Brais de disparo cruzado (minuto 50).

3 - 2 (CHAPU) Falta botada por Julio que non atalla Brais, o rexeite e aproveitado por Chapu para enviar o balón ao fondo da portería visitante (minuto 62).

3 - 3 (TARA) Libre indirecto dentro da área numantina que materializa Tara (minuto 66).

3 - 4 (AITOR) Disparo dende o medio do campo de Aitor que se marchaba fora. Carlos no seu intento de coller o balón para evitar o saque de porta introduce o esférico na portería co tacón nunha xogada desafortunada (minuto 86).

 

 



CRÓNICA:

Entretido e bonito partido o que ofreceron Numancia e Cariño ao numeroso público presente en Prados Vellos con nutrida representación visitante.

Na primeira metade vimos un partido moi aberto. O Numancia avisaba por medio de Julio que non atinaba a rematar ben un balón colgado. Manu tamén o intentaba desde lonxe pero o seu disparo saía algo floxo. O Cariño non quería ser menos e Tara cun disparo de media distancia obrigaba a Carlos a facer unha extraordinaria parada. Despois dos primeiros minutos frenéticos o partido comezou a xogarse polas bandas. Na banda esquerda dos de Ortegal estaba o mítico e veterán "Perlero" que coa sua velocidade e calidade causou moitos problemas a defensa numantina. Nun balón colgado sobre a área local, Carlos derribaba a un atacante e Veiga López sinalaba penalti. A pena máxima era transformada por Rubén para conseguir o 0 - 1 no minuto 11. O Numancia reaccionaba e varias internadas por banda esquerda dun enchufado Alex Pita remataban en varios centros precisos que Julio e Chapu non foron quen de aproveitar. Posteriormente Chapu dispuxo dunha boa ocasión cun disparo dende a frontal o que respondeu Brais cunha boa parada. No minuto 30 Quique aproveitaba un balón solto para facer o 0 - 2 cun fermoso gol de volea. Os numantinos buscaron o gol, e antes do descanso, no minuto 44, o colexiado sinalaba o penalti no que Julio establecería o 1 – 2. Sen tempo para máis os contendentes retirabanse aos vestiarios cun Numancia algo contrariado por non ter aproveitado as ocasión xeradas.

Na reanudación saiu forte o Numancia cun cambio de sistema táctico que deixaba ben claras as intencións dos numantinos. Manu avisaba cun disparo que rexeitaba Brais. E case de seguido Alex Pita aproveitaba unha boa asistencia para establecer o 2 - 2 no minuto 50. Posteriormente un bo lanzamento de Alex Pita marchábase moi preto do pau esquerdo da portería visitante. E nunha falta lateral Teti peina o balón pero marcha pegado o pau. No minuto 62 chegaba o premio ao asedio numantino co 3 - 2 obra de Chapu. O Numancia conseguira o mais compricado, remontar un 0 - 2 adverso. Pero os de Ortegal necesitaban os puntos e alentados pola sua ruidosa afición non desfaleceron. No minuto 66, Tara materializaba un libre indirecto dentro da área numantina para establecer o 3 - 3 no marcador. O Numancia foi en busca da vitoria pero os atacantes numantinos perdoaron varias ocasións claras para facerse cos tres puntos. Disparo de Manu que sae cruzado, balón rifado entre Brais e Chapu que rexeita Brais, disparo de Alex Pita que volve a rexeitar Brais pero nin Chapu nin Iván acertan a meter entre os tres paus, remate de cabeza de Paulo que marcha alto. E xa se sabe que en esto do fútbol o que perdoa…... Cando xa parecía que o partido remataría nun empate chegaba a fatídica xogada tonta do partido e da temporada. Un disparo sen aparente perigo de Aitor dende un pouco mais adiante do medio do campo era introducido por Carlos (él non quería) na portería numantina para establecer o definitivo 3 - 4 no minuto 86. Sen dúbida unha xogada desafortunada para o xóven gardarredes aresán que esta misma semana era incluido no mellor 11 da categoría polo veterán xogador da Capela, Noel no portal virtual VoltaaRía. Os porteiros están expostos a este tipo de situacións e o noso tamén a pesar de ser un dos mellores da categoría. ¡¡¡Ánimo Carlos¡¡¡ Nos últimos minutos o Numancia buscou o empate pero os de Ortegal defendéronse ben e conseguiron que os tres puntos viaxaran ata Cariño para ledicia da sua fiel parroquia.

En resumo, partido vibrante e moi disputado entre Numancia e Cariño. Nesta ocasión a sorte puxose do lado dos de Ortegal e decantou o partido para o Cariño. Destacar a participación nos numantinos dos xuvenís Iván, Marcelo e Martín Pérez que se sumaron aos habituais Berto e Adrián. ¡¡¡Case nada¡¡¡

Despois desta derrota ante o Cariño, o Numancia mantén a 5ª posición mantendo as distancias co 6º clasificado o San Mateo que caeu en Narahío e situándose a 3 puntos do 4º clasificado, un Perlío que empatou na casa co ADC Capela. Como vémos, puntuar en cada partido será moi compricado ata final de temporada xa que quen mais e que menos xógase algo. Os numantinos buscarán terminar na mellor posición posible, tendo o próximo fin de semana un partido compricado xa que visitan o campo de O Poboado para medirse ao terceiro clasificado, o CD As Pontes "B". Vémonos o domingo en As Pontes. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

O Numancia somos tod@s

"Los errores pasan, sólo la verdad permanece" (Denis Diderot)

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.