AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 – SAN SADURNIÑO, 0.

UNHA TARDE PARA DISFRUTAR


Vitoria do equipo modesto da ADR Numancia de Ares por tres goles a cero fronte o CD San Sadurniño no serán do domingo en Prados Vellos. O encontro correspondente a 18ª xornada da 2ª autonómica do grupo 4 chegou ó descanso cun marcador de 1 – 0.


Ares 25 de xaneiro de 2015.


FICHA TÉCNICA:


NUMANCIA: Cristian, Berto, Antón, Martín (Pepe 59´), Teti (C), Pedrós (Isma 67´), Adri, Fer (Jesús 75´), Borja (Álvaro 65´), Julio e Chapu (Roque 80´).


Adestrador: Marcos Amor Roel.


2º adestrador: Manuel Cartelle Permuy.


Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.


CD SAN SADURNIÑO: Rafa, Monti, Roupi, Amor (C) (Germán 64´), Alberto (Michel 70´), Carballeira (Castillo 75´), Óscar, Antón, David (Aarón 56´), Marco e Díaz (Miguel 64´).


Adestrador: Jesús M. Fajardo Pardo.


Delegado: Marcial Hermida Barro.


COLEXIADO: D. David Sierra Pereira. Viron cartón amarelo Pedrós no Numancia e Antón no San Sadurniño nun partido moi limpo.


GOLES:


1 – 0: JULIO (min. 8), internada na área de Fer que entra pola dereita para poñer un pase por alto a Julio para que éste remate de cabeza na mesma línea de gol.


2 – 0: CHAPU (min. 58), boa triangulación do Numancia que finaliza cun pase de Julio a Chapu que fai un control orientado e dispara dende fora da área axustando o balón ao pau esquerdo da portería de Rafa.


3 – 0: JULIO (min. 88), pase por alto medido de Álvaro hacia Julio quen define cunha vaselina sobre a saida do gardarredes visitante.


CRÓNICA:


Vitoria cómoda dun Numancia que segue nunha línea ascendente ante o CD San Sadurniño que loita por escapar da zona baixa. Xornada prácida para a parroquia numantina nunha tarde seca e fría en Prados Vellos.


Comezaba o partido con posesión clara do balón do Numancia xa que os visitantes agardaban ben posicionados sen querer asumir riscos. No minuto 8 Julio abría á lata despois dunha boa xogada de Fernando pola banda ezquerda. Non houbo moito fútbol vistoso na primeira metade aínda que si ocasións en xogadas a balón parado. Os visitantes atoparonse co pau e co porteiro debutante Cristian. Os numantinos tiveron varias veces o gol preto en varios lanzamentos de falta de Julio. Con dominio claro do Numancia pero con incertidume no marcador (1 – 0) chegabamos ao descanso.


Na reanudación mais do mesmo. Os visitantes adiantaban algo as líneas e intentaban buscar ó empate, pero atopaban sempre a eficacia e concentración da defensa local O Numancia recuperou o control do xogo e no minuto 58 o "killer" Chapu, cun disparo clásico "a reviravolta" finalizaba unha boa xogada local e anotaba o 2 – 0. Ese gol fixo moito dano ao equipo visitante. Ambos adestradores moveron rápido o banquillo e o ritmo do partido baixou de forma considerable. No Numancia o mediocampo dos Guerrero (Teti, Isma e Jesús) controlaban o partido para o Numancia axudados por dous "irmáns adoptados" para a ocasión como Julio e Adri. Este último tería unha boa ocasión sacada por un xogador visitante na mesma línea de gol. Otra boa oportunidade sería para Julio pero o seu remate de cabeza estrelabase no longueiro. No último tramo do partido o xoven xogador aresán Roque tivo ocasión tamén de amosar o seu bo traballo e incluso o bravo defensa Álvaro deleitaba ao personal cun fermoso pase (propio dos xogadores de mais calidade da categoría) que aproveitaba Julio para establecer o definitivo 3 – 0 co que chegabamos ao final do partido.


En resumo, tarde prácida e de ledicia en Prados Vellos. Salientar tamén o debut do adestrador de porteiros do Numancia, Cristian Fernández que regresaba á portería para suplir a Carlos hoxe ausente por motivos persoais. Portería a cero e boa actuación de Cristian no día de hoxe. Boa actuación tamén do Numancia que sigue crecendo e que mantén a 6ª posición coa ilusión sempre de mirar cara arriba e de seguir cumprindo partidos e acumulando experiencia na Segunda Autonómica. Pasiño a pasiño.


O próximo domingo o Numancia visitará un dos campos mais compricados e peculiares da categoría, o pequeno terreo de xogo de Os Calzados en A Capela ante outro dos equipos que está inmerso na pelexa por escapar dos postos de perigo. Sen dúbida será un partido compricado o cal os numantinos agardan sacar adiante co apoio da fiel Marea Vermella. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡


O Numancia somos tod@s.


"Para el que cree no es necesaria ninguna explicación; para el que no cree, toda explicación sobra" (Fran Werfel)


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.