AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - NARAHÍO, 1.

OS MELLOR DE TODO, OS TRES PUNTOS.


Partido correspondente a 11ª xornada da Segunda Autonómica grupo 4 disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Ares 23 de novembro de 2014.


FICHA TÉCNICA:


NUMANCIA: Carlos, Martín, Berto, Antón, Teti (C), Pedrós (Borja 52´), Adri, Paulo (Fernando 52´) (Roque 86´), Juan, Julio (Álvaro 59´) e Manu (Amenedo 71´).


Adestrador: Marcos Amor Roel.


2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.


Delegado: José Ramón Hermida Varela.


UDC NARAHÍO: Javi, Raúl, Ríos, Alberto, Busto, Zalo (Rubén Freire 65´), David, Casal (C) (Pocholo 46´), Serxio (Javi López 75´), Arturo e Borja.


Adestrador: Germán Amil Silva.


Delegado: Miguel A. Novoa Tuimil.


COLEXIADO: D. Rodrigo Serrano Naveiras. Boa arbitraxe nun partido moi difícil. Amoestou a Antón, Manu e Adri no Numancia. Foron amoestados no Narahío, Sergio, Alberto e Ríos. Resultaron expulsados o xogador do Numancia Juan e o xogador do Narahío Rubén Neira.


GOLES:


0 - 1 (ANTÓN) (pp) Centro dende a dereira de David que é desviado por Antón sorprendendo a Carlos (minuto 21).


1 - 1 (JULIO) Penalti transformado por Julio (minuto 45).


2 - 1 (ADRI) Centro dende a banda dereita que peina Borja, Julio remata ao corpo do porteiro quen rechaza o balón hacia Adri que entrando dende segunda línea anota a porta vacía (minuto 70)


CRÓNICA:


Tarde fría pero sen choiva en Prados Vellos para presenciar o partido entre un recuperado Numancia e o penúltimo clasificado da categoría, o UDC Narahío. Os numerosos aficionados foron quentándose durante o partido co fútbol, a tension do mesmo e o rico café da cantina.


Comezaba o fútbol cun partido entretido e aberto. Os dous equipos frecuentaban ambas áreas pero sen concretar ocasións claras nas porterías. Sería o Numancia o primeiro en avisar nun man a man de Manu que atallaba o porteiro visitante Javi. Probaba fortuna tamén Rubén Pedrós cun lanzamento de media distancia que non encontraba o premio do gol. O gol chegaba no minuto 21 por medio de Antón que se equivocaba de portería (el non quería) establecendo o 0 - 1 no marcador de Prados Vellos. No minuto 35 chegaba un dos momentos claves do encontro sendo tamén un dos mais desagradables presenciados en Prados Vellos nos últimos tempos. O xogador local Juan agredía de forma inexplicable a un xogador rival sendo xustamente expulsado. Os xogadores visitantes non contentos soamente coa expulsión foron en tromba a por Juan provocando unha tangana entre xogadores e suplentes de ambos equipos. Os peores parados foron o suplente do Narahío Rubén Neira (tamén expulsado) e o seu capitán Casal coa rotura dun dedo. Tamén os espectadores (especialmente os nenos). Algúns dos espectadores visitantes ignoraron que as vallas están para separar ao público do terreo de xogo entrando no mesmo. ¡¡¡Lamentable¡¡¡ Reanudábase o partido sendo o mais destacado un penalti sobre Julio que él mesmo anotaba para facer o 1 - 1 chegando ao descanso con ese resultado, nervios e moita tensión.


Na reanudación volveu o fútbol cun Numancia mais ofensivo que buscaba a vitoria a través de ataques. Pero o entramado defensivo do Narahío aguantaba con agresividade e resistencia as embestidas do Numancia que non atopaban portería. Por sorte no minuto 70, Adri facía o 2 - 1. Os visitantes adiantaron líneas en busca do empate, pero as ocasións mais claras serían para os numantinos Roque e Borja que non foron quen de sentenciar o partido. Nos últimos minutos algo de sufrimento coas ocasións visitantes a balón parado que por sorte non encontraron o gol finalizando o partido coa vitoria do Numancia.


En resumo, partido trabado e demasiado tenso onde o mellor son os tres puntos. Cun xogador sancionado, agardemos que con ningún mancado e con moito que reflexionar entre todos. Como tamén entre todos sacamos adiante un partido moi difícil que supón por primeira vez nesta temporada a terceira vitoria consecutiva para o Numancia.


En definitiva, seguimos sumando e collendo impulso. Seguimos oitavos pero as sensacións son boas e o equipo colle forza e recupera efectivos semana tras semana. Así hai mais onde elexir. O próximo domingo teremos sesión vermouth no campo de area de A Solaina de Santa Cecilia xa que alí xogara o Numancia ante o recién ascendido Estrella CF. Marea Vermella o próximo domingo as 12:00 en Santa Cecilia. ¡¡¡Iso sí¡¡¡ Sempre con moita cabeza. Disfrutando do fútbol como deporte e complemento de ocio. Sen mais....


O Numancia somos tod@s


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.