AFECCIONADOS. G. CARANZA, 0 - NUMANCIA. 0.

UN BAUTIZO PRODUCTIVO

Partido correspondiente a 1ª xornada da Segunda Autonómica de Ferrolterra disputado na tarde do domingo no campo Municipal Javier Gómez Noya de Caranza ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Ferrol 14 de setembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

G. CARANZA: Víctor, Iván (C), Ferreño (Juan 75´), Priegue, Sergio, Pedro (Chechu 69´), Daza, Alex (Óscar 75´), Diego (Roi 69´), Aaron e Hendrich.

Adestrador: Ángel Porto García.

Delegado: Emilio Fernández Esteban.

NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Paulo, Alberto, Martín, Rubén Pedrós, Adrián (Chapu 61´), Julio (C), Manu (Darío 82´), Pita (Fernando 45´) e Borja (Amenedo 86´)

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. Telmo Pérez Vázquez. Amoestou a Alex no Galicia de Caranza. Polo Numancia viron cartón amarelo Borja, Álvaro e Paulo.

 



CRÓNICA:

Comezaba a nova aventura na 2ª Autonómica para un Numancia renovado e como xa sabemos coa xuventude como protagonista nas suas filas. Para arrancar tocaba visitar a outro dos equipos mais xóvenes da categoría, o Galicia de Caranza que conta nas suas filas con xogadores con experiencia nas Ligas Galegas e Nacional de xuvenís.

Os de Ares cederon a posesión de balón aos locais. Cunha gran disposición táctica defensiva maniataron aos de Caranza, que movían o esférico lonxe da portería do Numancia. Nunha das poucas veces que conseguiron levar perigo, o noso porteiro Carlos rexeitaba un lanzamento de Daza. Pero as ocasións mais claras foron para os vermellos que saían en velocidade en xogadas de contraataque. Álvaro lanzaba unha falta que rexeitada por un xogador local a piques estivo de sorprender a Víctor. Acto seguido un bo pase de Borja sobre Pita deixaba a este último diante do porteiro pero o seu balón se atopaba co gardarredes local. Con centrocampismo e un chubasco tormentoso digno dos días de inverno chegabamos ao intermedio.

Na reanudación ambos equipos pareceron sair decididos en busca do partido. Vimos unha segunda metade aberta con chegadas as dúas áreas. Martín Hendrich tiña a ocasión mais claras dos locais lanzando fora cando estaba diante de Carlos. Tamén o Numancia poido levarse o partido con duas grandes ocasións de Chapu nas que diante do porteiro, na primeira superouno po riba, pero o balón foise fora pegado o pau, e na segunda atopouse con una boa intervención do gardarredes local, Víctor. Unha desas ocasións foi preto do final do encontro o que podía supoñer os tres puntos pero nesta ocasion non houbo acerto e o gran traballo colectivo de todo o equipo non poido ter o premio da vitoria.

En resumo, bo resultado o acadado en Caranza por parte dun Numancia que contou hoxe coas baixas do capitán Teti e do marino Antón entre outros. Os xogadores en idade xuvenil xa perfectamente acoplados rendiron a bo nivel sumándose o esforzo e traballo de todo o conxunto. Estamos seguros que con esta entrega e sacrificio de todos será moito mais fácil que cheguen as vitorias durante toda a temporada.

Mención aparte como non podía ser doutra maneira da Marea Vermella. Ahí non houbo baixas. Mais de 50 aresáns desprazáronse hoxe ata Caranza, pasaron por caixa (3 euros a entrada) e animaron durante todo o partido ao noso Numancia. ¡¡¡Así da gusto¡¡¡ Moitas grazas a tod@s.

O próximo compromiso do Numancia será o domingo 21, as 17:00 ante o potente AD Miño un equipo recién descendido da Primeira Autonómica e que conta nas súas filas con xogadores moi desequilibrantes. Estamos seguros que co traballo colectivo dos nosos xóvenes xogadores e co alento da Marea Vermella os puntos poderán quedar en Ares. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.