AFECCIONADOS. XXVII TORNEO "CONCELLO DE ARES"

PRESENTACIÓN DO NUMANCIA 2014-15

Este domingo, ás 18.30 h., en Prados Vellos, partido de presentación ante a afección numantina e tendo coma rival a un equipo de categoría superior e máis rodado, pois o G. Mugardos vén de disputar a Copa Deputación onde foi quen de eliminar a un terceira coma é o As Pontes. 

Ares, 15 de agosto de 2014
O adestrador local, Marcos Amor, pode contar con case todos os efectivos, pois non sendo as ausencias debido a cuestións persoais, de Jesús e Costa, o resto do plantel vai estar presente en Prados Vellos. Cabería salientar o compromiso destes rapaces que mesmo adiantan o regreso das súas vacacións para estar xunto aos seus compañeiros.
A relación dos xogadores aresáns é a que segue:
Porteiros: Carlos e Xaime.
Defensas: Antón, Martín, Amenedo, Álvaro, Pepe, Berto (xuv) e Darío (xuv)
Medios: Teti, Paulo, Julio, Miguelito (xuv), Juan (xuv), Roque e Adrián (xuv).
Dianteiros: Fer, Pita, Borja, Chapu e Manu.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.