Afeccionados: FINAL COPA DE FERROL. MEIRÁS, 2 – EUME, 1

FINAL COPA DE FERROL. MEIRÁS, 2 – EUME, 1Vitoria do favorito

 

20 de xuño de 2009. Xoán.


FICHA TÉCNICA:

Eume: Óscar, Joaquín (Marcos Rubia, m. 77), Juan, Alejo, Daniel, Pedro, Manu (John, m. 80), Xose (Antón, m. 71), Rojis, Marcos e Josua (Alfonso, m. 60).

Meirás: Óscar, Chipi, David (Pablo Leira, m. 68), Pablo Mesa, Víctor, Marcos, Adrián, Turu, Eric (Chape, m. 78), Pitu (Nebot, min. 56) e Jose (Fonso, min. 70).

Árbitro: Miguel Formoso , asistido por Juan Orozco e Miguel Eiroa . Amoestou con cartón amarleo ao Marcos e Xosé do Eume e a David e Pitu do Meiás. Expulsó por dobre amoestación a Rojis nos últimos minutos do partido.

Goles:

0-1 min. 30: José.

0-2 min. 55: José.

1-2 min. 87: John.

INCIDENCIAS: Dentro dos actos de celebración do 80 aniversario do Numancia, disputouse a final desta Copa de Ferrol no campo de Prados Vellos, de Ares. Acudiron uns 300 afeccionados, sendo de salientar a presenza de numerosos eumeses. Ao final do partido, o sr. Alcalde de Ares, d. Julio Iglesias entregou o trofeo aos campións.

COMENTARIO: Durante todo o partido houbo unha lixeira superioridade por parte do Meirás, con máis control e calidade que os xogadores de Juan Fernández, e brillando con luz propia os dous dianteiros, Pitu e Jose. Aínda así, o Eume tivo a ocasión máis clara cando o marcador estaba co empate inicial, e o dianteiro eumés desperdiciou a oportunidade de adiantar ao seu equipo. Unha vez conseguido o gol, nunha boa combinación rematada nun excelente remate de José, o partido parecía encarrilado. Moito máis, co segundo gol, que case sentenciaba esta final. Sen embargo, o gol conseguido de saque de falta directa por John a falta de poucos minutos, aportou un final de partido cheo de emoción. O Meirás tivo varias ocasións para aumentar o marcador pero tamén puido empatar o Eume. Finalmente, o Meirás proclamause campión desta Copa de Ferrol ante un rival que pecha unha magnífica temporada co título de Liga e o subcampionato na Copa.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.