Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. MANDIA, 4 - NUMANCIA, 3.
 
 

AFECCIONADOS. MANDIA, 4 - NUMANCIA, 3.

VENCEU O MAIS NECESITADO

Pardido correspondente a penúltima xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra disputado no campo de fútbol de Boavista en Mandiá nunha soleada e calurosa tarde de domingo.

 


Mandiá, 4 de maio de 2014.

FICHA TÉCNICA:

MANDIÁ: Iván Rodríguez, Antonio, Sergio, Verde, Iván González, Manu, Moisés, Bruno (Pablo 75´), Jesús (Ayoib 64´), Óscar (C) (John 48´) e Bertito.

Delegado: Julio Rivas Vázquez.

NUMANCIA: Carlos (Putxi 88´), Álvaro, Dani Bule (Jesús Lourido 58´), Antón, Martín (Marcelo 54´), Teti (C), Julio, Paulo, Fernando (Alex Pita 46´), Manu e Chapu.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: Jose Antonio Couce Iglesias.

COLEXIADO: D. Francisco Pita Lorenzo. Amoestou a Antonio no Mandiá. Por parte do Numancia foron amonestados Marcelo, Paulo e Jesús Lourido.

GOLES:

Mandiá: Jesús, Moisés (2) e Bertito.

Numancia: Teti, Paulo e Julio.

 

 



CRÓNICA:

Partido con dúas partes ben diferenciadas o que disputaron Mandiá e Numancia no campo de herba natural de Boavista na parroquia rural de Mandiá en Ferrol.

Na primeira metade notouse que os locais necesitaban os puntos para escapar das posibles cascadadas dos descensos. Ambos equipos tiveron claras ocasións de gol. A diferencia foi que os de Mandiá anotaron nas súas catro chegadas a portería aproveitando a falta de intensidade e de concentración defensiva do Numancia. Pola sua parte os numantinos estiveron negados ante a portería de Iván; sendo o resultado ao descanso un sorprendente 4 - 0 favorable aos de Boavista.

Na segunda parte mudaron as cousas. Saiu a relucir o espíritu numantino e co paso dos minutos os nosos xogadores foron collendo o dominio do partido. Co dominio chegaron as ocasións e con elas os goles. Teti anotaba o 4 - 1 rematando de cabeza un saque de esquina. Paulo establecía o 4 - 2 cun bonito disparo dende fora do área. Por último xa nas postrimerías do encontro, Julio anotaba un claro penalti para facer o 4 - 3 que propiciou que o equipo local terminase pedindo a hora ante a reacción e o empuxe do Numancia.

En resumo, foi un partido onde o maior acerto e a maior concentración por parte do equipo local fixo que os tres puntos fora para o mais necesitado, o Mandiá que asegura a sua participación na 2ª Autonómica da próxima temporada. ¡¡¡Noraboa¡¡¡

En canto ao Numancia, un partido con bastantes baixas e coa gran aportación dos xogadores xuvenís Jesús Lourido e Marcelo. Sabemos de sobra que a canteira sempre está preparada para dar o salto en calqueira momento. ¡¡¡Nunca desentonan¡¡¡

O vindeiro domingo o Numancia recibirá na última xornada de Liga o subcampión da mesma, o CD Cedeira. Bonito partido para intentar quedar entre os cinco primeiros clasificados da 2ª Autonómica, vencer e medirse antes da Copa ante un dos bos equipos da competición. Agardemos pois que o equipo numantino recupere efectivos (soamente aos que de verdade teñan ganas de comprometerse e de defender este escudo) para o que resta de temporada, a última xornada de Lig; e agardemos que tamén unha bonita competición de Copa que se sorteará o vindeiro luns 12 de maio.

Ultima cita da Liga en Prados Vellos para a MAREA VERMELLA o próximo domingo para animar ao equipo ante o subcampión, o CD Cedeira. ¡¡¡¡Prohíbido fallar¡¡¡

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.