AFECCIONADOS. ANIMAS, 0 - NUMANCIA, 1.

VITORIA SUFRIDA EN FERROL

Partido correspondiente a 25ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra, disputado na tarde do domingo no campo de herba artificial de A Gándara en Ferrol ante numerosos espectadores, numantinos na sua maior parte.

 



Ferrol, 30 de marzo de 2014.

FICHA TÉCNICA:

ÁNIMAS: Iván, Sergio, Marcos, Óscar (Rafa 76´), Villalba, Kenet, Eduardo (Ángel 58´), Casas (C), Marcos (Antón 62´), Miguel e Isma.

Adestrador: Miguel A. Ramos Pardiñas.

Delegado: Belarmino Anidos Durán.

NUMANCIA: Carlos, Alex Costa, Antón, Bule, Rubén, Teti (C), Manu, Paulo, Chapu (Jauma 63), Javi (Jesús 53) e Alex Pita (Brayan 46´).

Adestrador: Marcos Amor Roel

2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. Arno Mbayo. Amonestou a Marcos, Dani e Isma polo Ánimas. No Numancia amonestou a Paulo, Rubén e Jauma. Foi expulsado Bule por dobre amonestación.

GOLES:

0 - 1 (MANU) Balón solto dentro da área local que recolle Manu para fusilar cun bo disparo o porteiro do Ánimas, (minuto 55).

 

 



CRÓNICA:

Nunha tarde anubrada con chubascos interminentes na Gándara que non amilanou a Marea Vermella o Numancia buscaba a vitoria ante o Ánimas para continuar nos primeiros postos. Comezou mais forte o equipo local que no primeiro tramo de partido tivo varios achegamentos a portería defendida por Carlos, a máis clara cun disparo o longueiro. Co paso do tempo os numantinos foron mellorando e Javi Rubio cabeceaba un bonito centro de Bule pero o porteiro local Iván facía unha gran parada. Co resultado de 0 - 0 chegabamos ó descanso.

Na reanudación comezou forte o Numancia tendo varios achegamentos sobre a portería local. No minuto 55 Manu anotaría o 0 - 1 para os de Ares. No último tramo de partido os numantinos cederon a posesión do balón o Ánimas que aproveitou para gañar metros e dominar o partido. Nos últimos minutos despois da expulsión de Bule os ferroláns acosaron a portería de Carlos; pero unhas veces a falta de acerto e outras o bo traballo dos defensas numantinos impediron que o marcador cambiara; finalizando o partido coa coñecida vitoria dos nosos por 0 - 1.

En resumo, partido moi igualado o disputado entre Ánimas e Numancia. Os pequenos detalles e a maior eficacia do Numancia fixeron que os tres puntos viñeran para Ares.

A CLAVE: A unión e forza do equipo no último tramo de partido. Por diferentes circunstancias no fútbol non sempre se pode ter o balón e dominar. A veces toca defender un resultado con esforzo e sacrificio. Neste caso apareceu o orgullo numantino dos nosos xogadores para traerse tres puntos importantes do campo de A Gándara.

O PEOR: O excesivo sufrimento dos últimos minutos. Por sorte o equipo rival non estivo acertado na definición, pero sabemos que haberá equipos no que resta de Liga e na Copa que non desaproveitaran tantas ocasións concedidas.

O MELLOR: A Marea Vermella. Nunha tarde de domingo anubrada e con chubascos, a fiel e numerosa afición do Numancia non dubidou en desprazarse ata o campo artificial de A Gándara (sen gradas) para animar o seu equipo nun partido mais da 2ª Autonómica.

En definitiva, vitoria importante para o Numancia que sube un posto situándose de 4º clasificado a 1 punto do ADC Capela e a 10 puntos dos líderes Neda e Cedeira. A vindeira semana os numantinos reciben o CD Cariño coa intención de sumar a terceira vitoria consecutiva e seguir consolidándose na zona alta.

O próximo domingo as 17:00 a Marea Vermella ten unha cita en Prados Vellos para animar o Numancia no seu partido ante o CD Cariño. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.