AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - ANIMAS, 1.

MOITO RUIDO E POUCO FÚTBOL

Partido correspondente a 10ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Antes do comezar o encontro, foi entregado o Trofeo Murillo Viteri do mes de novembro o xoven xogador do Numancia, Álvaro polo representante de Adega Murillo Viteri; Alejandro Pérez. Un premio ó sacrificio e ao esforzo. Noraboa Álvaro.

Ares 1 de decembro do 2013

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Dudi (Costa 70´), Antón, Manu, Paulo (Jauma 78´), Teti (C), Julio, Jesús (Marcelo 62´), Iván (Chapu 58´) e Javi Rubio.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

ÁNIMAS: Iván, Marcos Pita, Sebas, Sergio, Óscar (Manuel 58´)), Kenneth, Miguel Folgar (Rafa 76´), Dani Díaz (C), Marcos González, Antón (Iván 78´) e Edu (Blake 70´).

Adestrador: Miguel Ramos Pardiñas.

Delegado: Belarmino Anido Durán.

COLEXIADO: D. Manuel Jesús Bejarano Estepa. Amoestou a Julio, Javi Rubio e Jauma no Numancia. Por parte do Ánimas, Óscar e Kenneth foron amonestados. Expulsou a Javi Rubio por parte do Numancia.

GOLES:

1 - 0 (JULIO) Gran gol de falta directa de Julio, colando o balón pola escuadra esquerda da portería visitante (minuto 35).

1 - 1 (MARCOS PITA) Marcos Pita bate a Carlos de penalti (minuto 44).

 



CRONICA:

Tarde fría en Prados Vellos para presenciar un novo encontro da 2ª Autonómica entre Numancia e Ánimas. Pouco a pouco o frío foi dando paso a un ambiente caldeado que se instalou en Prados Vellos ata o final do partido. Entre faltas, protestas, algo de fútbol e algunha que outra chegada de ambos equipos foi pasando a primeira metade. Rescatamos da mesma, o fermoso gol de falta de Julio no minuto 34 e tamén o penalti por man de Javi Rubio que deu paso o gol de Marcos Pita para ó Ánimas. Co resultado de 1 - 1 chegou ó descanso e o merecido café para os espectadores.

Na segunda metade continou o concerto de silbato do señor colexiado; que non recibía ningún tipo de axuda por parte de xogadores e técnicos. Entre faltas, novas protestas (que nunca foron cortadas polo Sr. Bejarano) e algunha que outra ocasión de gol para ambos equipos chegabamos o final de partido cun empate xusto para os méritos de uns e outros durante o partido.

¿E o fútbol? Xa falamos do partido e non falamos de fútbol. ¿Por qué? Porque hoxe o fútbol viuse eclipsado polas faltas, protestas, interrupcións, insultos dos espectadores.... Hoxe en Prados Vellos non vimos fútbol.... unha pena.

Unha mágoa porque hoxe non tivemos ocasions de disfrutar dunha das cousas que mais nos gustan e que nos permiten desconectar da rutina semanal. Hoxe a crispación da crise e o agobio da semana.... trasladouse a Prados Vellos onde uns e outros gastaron mais tempo e enerxías en protestar que en xogar ó fútbol. Os castigados foron os afeccionados, que por suposto; tamén se enfadaron.

En definitiva, un novo punto para o Numancia que vistos os resultados da xornada non foi tan malo xa que permítelle os numantinos seguir a 3 puntos do Capela (2º clasificado) e a 4 do Cedeira (1º clasificado).

O peor unha nova autoexpulsión no Numancia. De novo Javi Rubio autoexpulsouse. Unha mágoa; agardamos unha nova sanción. Xa comeza a ser costume. A xuíza única de competición xa comeza a ser como da familia.

Agardemos pois, que o noso equipo afronte este último mes de competición do 2013 centrado en xogar ó fútbol e en disfrutar do mesmo. A Marea Vermella sabe que este equipo pode ofrecer bo fútbol; soamente deles depende elexir entre xogar o fútbol ou enfadarse e preocuparse dos colexiados e dos rivais. Eles xogan, eles deciden. Nós animamos; temos paciencia e fe neste equipo.

Disfrutemos do fútbol como tempo de ocio e diversión. Para sufrimentos xa temos outros. A vindeira ocasión para facelo será o próximo domingo as 16:00 no Municipal de Cariño. Unha nova ocasión para unha excursión da Marea Vermella para dar folgos ó noso equipo ante un perigoso Cariño que vai de menos a mais nesta 2ª Autonómica tan emocionante e bonita.

¡¡¡Vémonos o próximo fin de semana en Cariño

"EL FÚTBOL ES LO MÁS IMPORTANTE, ENTRE LAS COSAS MENOS IMPORTANTES" (JORGE VALDANO)

¡¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.