Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - G. DE MUGARDOS "B", 3.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - G. DE MUGARDOS "B", 3.

MOITOS GOLES; POUCA CABEZA

Partido correspondente a 8ª xornada da 2ª Autonómica de Ferrolterra disputado na tarde de domingo en Prados Vellos ante mais de 300 espectadores de ambos equipos.

 

Ares 17 de novembro do 2013.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Carlos (Xaime 81´), Bule (C), Dudi, Rubén (Amenedo 77´), Álvaro (Manu 53´), Teti, Julio, Javi Rubio (Paulo 64´) Fernando (Antón 64´), Pita e Chapu.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

G. MUGARDOS "B": Marcos, Cuco (Romerito 46´), Mani, Iván, Arturo, José Ángel (C), Xavi (Lestón 67´), Nacho, Javi, Oli (Cristian 84´), e Dieguito (Vicente 46´).

Adestrador: David Fernández Pereira.

2º adestrador: Víctor Montero Brage.

Delegado: Leonardo García Lozano.

COLEXIADO: D. Adrián González Franco. Amoestou a Dudi, Amenedo e Antón no Numancia e a José Ángel no G. Mugardos "B". Expulsou con vermella directa Chapu e a Bule no Numancia.

GOLES:

0 - 1 (VICENTE) Saque de esquina rematado de cabeza por Vicente (minuto 48).

1 - 1 (CHAPU) Falta moi ben colgada por Manu que remata Chapu de cabeza dende o punto de penalti (minuto 61).

1 - 2 (LESTÓN) Xogada de ataque mugardés, Lestón dispara dende o pico da área por alto e o balón escápasalle a Carlos polo medio das mans (minuto 72).

2 - 2 (JULIO) Penalti por man dentro da área mugardesa; transformado por Julio (minuto 75).

3 - 2 (MANU) Gran asistencia de Teti para Manu. Este último bate ó porteiro na súa saída (minuto 81)

3 - 3 (IVÁN) Saque de esquina que Iván remata dentro da área numantina (minuto 87).

 

 



CRÓNICA:

Chegaba un dos partidos mais esperados da temporada a Prados Vellos. Derbi entre veciños, amigos e incluso irmáns nalgún caso. Ninguén quería perder este bo espectáculo futbolístico e parroquial; polo que Prados Vellos pouco a pouco foise enchendo de siareiros numantinos e mugardeses deseosos de ver un bo partido e de animar os seus equipos.

Na primeira metade o dominio foi para o Numancia. Os aresáns querían a posesión do balón, levaban a iniciativa do xogo e tiñan as ocasións mais claras de gol. Chapu tivo varias ocasións; nunha delas quedou só diante do porteiro Marcos pero o seu disparo atopouse co corpo do gardameta mugardés. Tamén Pita estivo moi activo na primeira metade, tendo varias ocasións. A mais clara e fermosa da tarde foi cando aproveitou un bo pase de Bule dende a dereita para empalmar unha volea de primeiras que se atopu coa cruceta da portería vistante. ¡¡¡Unha mágoaa¡¡¡ Pola súa parte as noticias dos mugardeses na primeira metade foron algunha chegada cando conseguían roubar o balón na zona de iniciación do Numancia e un par de faltas que lanzaron moi altas. Con este panorama, o Numancia deixaba escapar vivo o G. Mugardos "B" na primeira metade, chegandose o descanso cos marcadores a cero.

Na segunda metade chegaron a tensión e os goles. Cando aínda estaban a maioría dos aficionados apurando o rico café na cantina, o aresán Vicente conseguía rematar de cabeza un córner e poñer o 0 - 1 no marcador favorable os de Mugardos. Movía o banquillo Marcos Amor e chegaba a reacción do Numancia. Tras varias ocasións Chapu no 61 atopaba o premio do gol cun bonito remate de cabeza tras asistencia de Manu. Pouco duraba a ledicia numantina xa que Lestón no 72 anotaba o 1 - 2 nun lanzamento dende o pico da área no que Carlos poido facer algo mais. Volcábase o Numancia sobre a portería de Marcos e no minuto 75 o colexiado sinalaba penalti por unha man dentro da área mugardesa. Julio non fallaba dende os 11 metros e conseguía o 2 - 2. No 78 Carlos resarcíase do seu erro no segundo gol facendo un auténtico paradón a un cabezazo mugardés.

Entrábamos nos últimos 15 minutos de partido co resultado de 2 - 2. O partido estaba emocionante e chegaron as brusquedades. O colexiado tivo que intervir e Chapu era expulsado no minuto 80 por unha forte entrada a destempo sobre un xogador rival. Con 10 xogadores chegaría o 3 - 2 para o Numancia. Teti daba unha magnífica asistencia a Manu para que marcara ante a saída do porteiro. Nos últimos minutos o Numancia sufriu en inferioridade. Un cabezazo por forá e outro que sacou o porteiro xuvenil Xaime nuha gran parada eran os avisos dos visitantes. E no 87 chegou o fatídico gol de Iván rematando un córner que establecía o 3 - 3. Para colmo de males, o capitán Bule daba unha "cariñosa" patada a un rival que o provocara mentres celebraban o gol e tamén foi expulsado polo colexiado. Entre pitos e frautas remataba o derbi en Prados Vellos.

En resumo, bo partido con bo fútbol por momentos, intensidade, emoción e tensión o disputado por Numancia e G. Mugardos "B" este domingo en Prados Vellos. Como no partido de pretemporada, non houbo nin vencedores nin vencidos; aínda que remataron mais contentos os mugardeses que os numantinos.

En definitiva, dous puntos que voan de Prados Vellos ante o eterno rival. Gran esforzo dos xogadores do Numancia, con compromiso e moita pasión. Unha pasión.... a veces excesiva que nos sigue castigando con expulsións e perda de efectivos para vindeiros partidos. Tamén perde ó Numancia para as vindeiras semanas a Rubén Allegue que hoxe sufriu unha fractura de cobado. Ánimo Rubén.

O vindeiro domingo o Numancia visitará ó Galicia de Caranza de Xelo. Será un partido entre dous equipos que loitarán por non descolgarse das posicións mais altas da clasificación. Marea Vermella o vindeiro domingo no campo de Caranza; un dos mais acolledores e cómodos da 2ª Autonómica. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.