AFECCIONADOS. NUMANCIA, 0 - R. DE NEDA, 2.
CASTIGADOS SIN FÚTBOL
Partido correspondente a 6ª xornada da 2ª Autonómica disputado na tarde do domingo en Prados Vellos ante 300 espectadores.
Ares 3 de novembro do 2013
FICHA TÉCNICA:
NUMANCIA: Carlos, Álvaro (Jauma 76´), Dudi, Rubén, Antón (Alex García 56´), Bule (C), Paulo (Amenedo 71´), Fernando (Costa 65´), Julio, Manu e Alex Pita.
Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.
Delegado: Jose Antonio Couce Iglesias.
RÁPIDO DE NEDA: Junior (Benito 15´), Oscar, Abel (C), Alejo, Cocheli (Manu 66´), Unai (Andrés 76´), Michel (Arturo 87´), Marcos, Eric, Fran Salazar e Fornos (Santi 33´).
Adestrador: José Manuel Yañez Yañez.
Delegado: José Ramón Freire Paz.
COLEXIADO: D. Antonio Belizón Flores. Boa arbitraxe. Amoestou a Rubén no Numancia. Por parte do Neda foron amonestados Abel, Michel, e José Manuel (adestrador).
GOLES:
0 - 1 (FORNOS) Rubén cede un balón a Carlos que se queda curto. O dianteiro Fornos moi atento aproveita a indecisión numantina para recoller o balón e fusilar a Carlos. (minuto 25).
0 - 2 (COCHELI) Golazo de falta directa dende 30 metros de Cocheli enviando o balón pola escuadra esquerda da portería de Carlos. (minuto 35).
CRÓNICA:
Nunha tarde gris e fría moitos afeccionados do Numancia e do Neda acudían a Prados Vellos a disfrutar dun partido que prometía moito entre dous equipos chamados a estar nos primeiros postos da clasificación. Pero a palabra prometía quedouse en eso, xa que o partido foi resumido unha vez finalizado o mesmo por un dos "vellos do lugar" como "malo de solenmidade".
Antes de dar comezo o mesmo fíxose entrega do primeiro trofeo Murillo Viteri da temporada ao xogador máis regular do mes de outubro. Neste ocasión o agraciado foi o centrocampista aresán Julio Escudero, a o que dende aquí damoslle os nosos parabéns. Fixo entrega do Trofeo Manel Pérez e Alejandro Pérez representantes da Adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra.
E xa falando do partido, na primeira metade houbo mais interrupcións que fútbol. A boa saida dos dous equipos buscando a portería rival viuse interrumpida no minuto 15 pola lesión do gardameta visitante Junior. Parón e baixada do ritmo do partido. No seu lugar entrou o xogador de campo Benito que tivo unha boa actuación na portería. Centrocampismo, imprecisións e interrupcións mandaban na primeira metade. No medio da mediocridade aparecía Alberto Fornos para aproveitar un regalo numantino e conseguir o 0 - 1 no minuto 25. Nesa mesma xogada mancábase este bo dianteiro do Neda, que poucos minutos máis tarde tiña que ser sustituido, polo que os visitantes perdían tamén o seu home mais determinante. O Numancia lonxe de aproveitar as circunstacias non deu sinais de vida. Si que as daba Cocheli establecendo o 0 - 2 no minuto 35 cun gran lanzamento de falta. Posteriormente Alex Pita lanzaba un pouco desviado o único disparo do Numancia na primeira metade. Chegabamos ó descanso cun 0 - 2, castigados sin fútbol pero con dous goles como amores para os visitantes.
Na segunda metade o Numancia xogou mais directo, buscando sin éxito atopar os seus homes mais adiantados. Un par de ocasións para cada equipo e final do partido co resultado coñecido de 0 - 2. Partido insulso do Numancia, práctico do Neda e premio gordo para os visitantes.
En resumo, mal partido do Numancia que pagou as peaxes das expulsións dos últimos partidos e viuse obrigado a xogar neste partido sin ningún dos seus dianteiros centro; Chapu e Javi Rubio. Notaronse no campo e tamén a falta de ideas en ataque; sendo este o peor partido do noso Numancia no que vai de temporada; espeso, sen chispa.... Un mal día na oficina.
Aproveitamos estas líneas para desexar unha pronta recuperación o xogador do Numancia, Brayan Arizala que sufriu unha lesión a pasada semana que o manterá lonxe dos terreos de xogo durante uns meses. Tamén desexarlle unha boa recuperación a Junior e Alberto Fornos, xogadores do Rápido de Neda mancados no partido de hoxe.
Claro que dentro de un mal día tamén se poden rescatar aspectos positivos. A implicación e sacrificio de todos os xogadores ata ó final pese a que non sairon as cousas. A boa aceptación da derrota sen perder os papeis e vendo soamente un cartón amarelo. A reaparición tras unha longa lesión dun xogador da importancia de Alex García. E como non, tamén a numerosa afición que hoxe volveu a acudir en masa a Prados Vellos para apoiar ó Numancia (aínda que fría como o tempo) a Marea Vermella e sen dúbida unha das mellores (senón a mellor) afición da 2ª Autonómica.
A Marea Vermella e o equipo do Numancia de modestos terán que viaxar a vindeira semana ata San Mateo. Novo partido ante outro dos equipos chamados a estar arriba e actual campión da Copa da Ría. Os dous equipos chegarán feridos logo de sendas derrotas.Estamos seguros que o campo de Trasancos e o escenario perfecto para que o noso Numancia volva a boa senda das vitorias e non perda comba coas posicións mais nobles.
San Mateo - Numancia o vindeiro domingo ás 16:15 no campo de Trasancos en San Mateo. O Numancia somos todos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡