Afeccionados: Pretemporada. X. Cabanas, 1 - Numancia, 5

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2013-2014. Xuventud de Cabanas 1 - Numancia 5. A Veiga 15/09/13.O NUMANCIA SETENCIOU O ENCONTRO NA PRIMEIRA METADE.

Novo partido dos de Ares nunha pretemporada que vai tocando a o seu fin, e no que se recuperaron algúns efectivos.



A Veiga, Cabanas 15 de setembro de 2013.

ALIÑACIÓNS:

XUVENTUDE DE CABANAS: Jonny, Montero, Gabi, Lourido, Freire, Cholo, Bollo, René, Bruno, Rubén e Seve. Tamén xogaron: Eloy, Javi, Diego, Eric e Cristian.

Adestrador: Cani

NUMANCIA DE ARES: Carlos, Martín, Antón, Jesús L., Rubén, Teti, Manu, Paulo, Chapu, Jesús G. e Alex Pita. Tamén xogaron: Putxi, Álvaro, Amenedo, Javi, Darío, Roque e Ángel

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

ÁRBITRO: Francisco Pita Lorenzo.

GOLES: Freire para o Xuventude de Cabanas, Pita (3), Chapu e Lourido (p.p.) para o Numancia de Ares.

0 - 1 (19') Chapu: Pase en profundidade de Manu por banda esquerda sobre a entrada de Chapu que bate ó meta local.

0 - 2 (21') Pita: Balón que pelexa Pita no borde do área e sorprende ó meta local cun disparo raso pegado o pau esquerdo.

0 - 3 (36') Lourido (p.p.): Centro de Chapu dende a dereita que non chega a rematar Jesús, o balón tentao rexeitar Lourido coa mala sorte de anotar en propia porta.

0 - 4 (42') Pita: Erro no pase da defensa local que é aproveitado por Pita para roubar o balón e dende o pico da área esquerdo internase e bater ó meta local na súa saída deixando o resultado con o que se irían o descanso.

1 - 4 (52') Freire: Falta sacada dende a esquerda do ataque local que remata no segundo pau Freire sen moita oposición visitante.

1 - 5 (74') Pita: Balón colgado dende medio campo por Paulo que disputa Ángel na media lúa, o balón chega a Pita que dende a frontal dispara para anotar o quinto tanto definitivo.

 



Partido amigable de pretemporada disputado no campo de A Veiga de Cabanas nunha tarde de sol e calurosa.

Bonita tarde para aproveitar os últimos coletazos do verán paseando, na praia e tamén xogando o fútbol Así o entenderon os xogadores do Cabanas da 3ª Autonómica e os comprometidos xogadores do Numancia que disputaban un novo partido amigable. Para o Numancia foi unha moi boa proba de cara o primeiro partido de liga que disputará en Vilaboa ante o Rosalía; xa que as características do campo de A Veiga (pequeno e con terreo irregular) son idénticas as do campo de O Lameiro en Vilaboa.

Sabedores de todo eso, o Numancia entrou no partido con moita concentración e seriedade defensiva; sen complicarse nas accións ofensivas que buscaban a corpulencia e cabeza de Chapu. Nos primeiros 15 minutos varias ocasións erradas por Chapu e Manu e numerosos foras de xogo daban fe do dominio e empuxe dos de Ares. No minuto 19 chegaba o primeiro gol obra de Chapu. Seguindo a misma tónica era Pita o que aproveitaba un saque de Carlos para gañar á espalda dos defensas locais e anotar o segundo no minuto 21. Un gol en propia porta de do xogador local Lourido suporía o terceiro para os de Ares. E antes de chegar o descanso Pita aproveita un erro da defensa local e anotar o 0 – 4 co que nos retirabamos o descanso.

Na segunda metade o Numancia cambiou a medio equipo e saiu algo despitado ao terreo de xogo. Iso págase neste tipo de campos pequenos; polo que o xogador local Freire aproveita o despiste da defensa visitante para cabecear o fondo das mallas unha falta lateral no minuto 53. Minutos mais tarde sería novamente Pita o que conseguiría un hat - trick conseguindo o 1 – 5 definitivo. De ahí ata o final o partido baixou o seu ritmo e chegou ó final sen mais incidencias destacables.

En resumo, partido serio e bo do Numancia en Cabanas. Pese a tratarde dun amigable mais de pretemporada o Numancia amosou compromiso, concentración e eficacia goleadora, aspectos que se nos antonxan básicos para afrontar a esixente e longa competición da 2ª Autonómica de Ferrolterra. Non importan as baixas; xa que este plantel está a demostrar que están todos enchufados e que xogue quen xoge o equipo non se resinte; amén da gran axuda dos xuvenís. Hoxe por exemplo, os veteráns Javi Rubio e Xuster disputaban os seus primeiros minutos de pretemporada e Jesús, Darío, Roque e Ángel xogadores do equipo xuvenil volvían axudar o primeiro equipo.

Quedan dúas semanas de posta a punto. Quince días para seguir traballando de cara ó primeiro partido de Liga ante o Rosalía de Vilaboa a domicilio o domingo 29 de setembro. ¡¡¡A seguir traballando duro¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.