Inicio Noticias Afeccionados XXVI TROFEO CONCELLO DE ARES. FINAL. G. MUGARDOS "B", 0 - ORILLAMAR, 4.
 
 

XXVI TROFEO CONCELLO DE ARES. FINAL. G. MUGARDOS "B", 0 - ORILLAMAR, 4.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2013-2014. XXVI Trofeo Concello de Ares. Final, G. Mugardos O ORILLAMAR DE A CORUÑA CAMPION DO XXVI TROFEO CONCELLO DE ARES.

Partido correspondente a gran final do Trofeo Concello de Ares de modestos disputado na tardiña do domingo en Prados Vellos, e no que o conxunto do Orillamar se impuxo o Galicia de Mugados “B” por 4 – 0.


Ares, 1 de setembro de 2013.

ALIÑACIONS

GALICIA DE MUGARDOS "B": Óscar, Puchi, Arturo, Vicente, Adán, José Ángel, Dieguito, Dasilva, Lestón, Xabi e Oliveira. Tamén xogaron: Cuco, Mani, Esteban, Romero, Dani e Joaquín.

Adestrador: David Fernández.

ORILLAMAR: Joseba, Diego, Iván, Alex, Dani, Alejandro, Jorge, Jose, Néstor, Iván e Blas. Tamén xogaron: Borja, Diego, Adrián, José Luís, Amir, Alberto,  Alexandre e David.

Adestrador: Jaime Paz "Jimmy".

COLEXIADO: José Luis Corral. Sen incidencias.

GOLES:

1-0 Jose finaliza unha boa xogada combinativa do Orillamar, (minuto 15).

2-0 Pase a espalda da defensa mugardesa que aproveita David para anotar o segundo, (minuto 20).

3-0 Novo balón a espada do lateral dereito do Galicia que aproveita tamén David coa súa velocidade para anotar o terceiro, (minuto 44).

4-0 Boa xogada ofensiva dos herculinos que finaliza Alberto.

Na primeira metade dominio alterno e bo xogo combinativo por parte de ambos equipos. A diferencia nesta primeira metade foi o acerto na finalización dos bos xogadores do Orillamar; namentras que os mugardeses non estiveron tan acertados. Iso propiciou que o resultado ó descanso fora de 3-0 favorable os herculinos.

Na segunda metade, os herculinos conseguían o 4-0 pechando definitivamente o partido. De ahí ata o final vimos mais ocasións de gol e bos detalles por parte de ambos equipos; chegándose o final do encontro co coñecido resultado de 4-0 favorable os da Coruña.

Unha vez finalizado ó encontro o directivo do Numancia de Ares, José Ramón Hermida entregaba o Trofeo Concello de Ares de subcampión o capitán do Galicia de Mugardos "B". Pola sua parte a Concelleira do Concello de Ares Dña Alma Barrón facía entrega o capitán do Orillamar o trofeo como campión deste XXVI Torneo Concello de Ares 2013.

En resumo, poidemos ver neste Torneo a un equipo do Orillamar da Coruña moi serio, coas ideas claras e con moita calidade e velocidade nos seus xogadores. De seguro; será un equipo que dará moito que falar na 1ª Autonómica.

Tamén poidemos ver neste Torneo a un filial do Galicia de Mugardos ben reforzado; e que será un serio candidato as prazas nobres da 2ª  Autonómica de Ferrolterra gracias a sua velocidade, xuventude e calidade.

Dende o Numancia desexámoslle sorte a estos dous equipos nas súas respectivas categorías; agradecendo tamén o Concello de Ares, Orillamar, Galicia de Mugardos "B", Eume Deportivo e a todos os aficionados e simpatizantes dos clubes pola sua presencia neste Torneo. ¡¡¡Ata a próxima ocasión¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.