XXVI TROFEO CONCELLO DE ARES. FASE PREVIA. NUMANCIA, 1 –ORILLAMAR, 1 (3 – 5 PP)

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2013-2014. Trofeo Concello de Ares (fase previa) Numancia, 1 - Orillamar, 1 (3 - 5 pp). Prados Vellos 31/08/13.MOI BOA IMAXE, PEOR RESULTADO

Segunda semifinal do Torneo Concello de Ares de modestos disputado na tardiña de sábado en Prados Vellos.


Ares, 31 de agosto de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Carlos (Putxi 67´), Álvaro (Martín 55´), Dudi, Rubén, Antón, Teti, Paulo (Adrián 58´), Julio,  Fernando (Jesú 67´), Manu e Chapu (Brayan 46`).

Adestrador: Marcos Amor.

Delegado: Jose Antonio Couce.

ORILLAMAR: Joseba, Borja, Diego, Adrián, Iván, José Luís, Amir, Las, Alberto, Alexandre, David. Tamén xogaron: Iván, Diego, Alex, Dani, Alex, Jorge, Jose, Néstor e Ángel.

Adestrador: Jaime Paz "Jimmy".

COLEXIADO: Jeisson Aguado. Amonestou a Antón, Paulo e Julio polo Numancia e a Jose Luís, David e Diego por parte do Orillamar.

GOLES:

0-1 Pase as costas da defensa numantina, Carlos na súa saída deixa un balón morto que aproveita Alexandre para adiantar ós herculinos (minuto 9).

1-1 Manu recolle un balón na frontal da área e bate o porteiro coruñes cun bo disparo lonxano (minuto 53).

Na primeira metade o Numancia quería o balón namentras que o Orillamar agardaba ben colocado os aresáns. Os numantinos non conseguían profundizar nin levar perigo a portería herculina. Os da Coruña na súa primeira chegada conseguían o 0-1 aproveitando a velocidade dos seus atacantes. No resto da primeira metade bastante centrocampismo e dominio alterno ata chegar o tempo de descanso.

Na segunda metade o Orillamar mudou casi o completo o seu equipo e parecía disposto a ter o balón e ampliar a súa vantaxe. Pero o Numancia saíu moi metido no partido e Manu conseguía o 1-1 que empataba o encontro con moitos minutos por diante. Nestos minutos da segunda metade ambos equipos repartironse o dominio do esférico e as chegadas as áreas contrarias. Moita igualdade, non houbo mais goles e o pase a final do Torneo decidíase nos penaltis

Na quenda de penaltis marcaban os herculinos os seus 5 disparos namentras que no Numancia anotaban Adrián, Julio e Dudi; Rubén erraba o seu disparo e a victoria sería para o Orillamar.

En resumo, moi boa a imaxe dun Numancia que con algunhas baixas deu a cara e tuteou con moito traballo e iniciativa a un bo equipo da 1ª Autonómica como é o Orillamar. Unha mágoa non poder levar a vitoria nos penaltis para xogar o domingo un derbi co Mugados "B"; pero esta lotería é así.

Polo tanto na xornada final do domingo o Numancia disputará o terceiro e cuarto posto ante outro rival de 1ª Autonómica, o Eume Deportivo que a ben seguro intentará desquitarse da sua derrota na xornada do sábado ante o Galicia de Mugardos "B".

Gran xornada de fútbol este domingo, as 17:30 derbi da Ría de Ares, Numancia - Eume Deportivo e ás 19:30 a gran final entre o sorprendente filial do Galicia de Mugardos e o potente Orillamar de A Coruña. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

AUPA NUMANCIA

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.